PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021
- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
Do 1 de MARZO ao 20 de MARZO 2020
Novas instrucións en relación co COVID-19
1. PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
- DOCUMENTACIÓN
- Prema AQUÍ para descargar o Anexo II: Formularios de Admisión
- Os impresos tamén os poden recoller na conserxería do centro
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (Fotocopia do DNI ou do libro de familia))
- Certificado oficial do expediente académico. (en caso de admisión en 4º de infantil -3 anos- non é necesario)
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
- FORMAS DE PRESENTAR AS SOLICITUDES
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: ADMISIONALUMNADO
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
Letra de desempate
Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron T-G para o primeiro apelido e E-X para o segundo.
- NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 2020-2021:
- Decreto 254/2012 do 13 de decembro pola que se regula a admisión do alumnado.
- ASPECTOS IMPORTANTES DA ORDE A TER EN CONTA:
Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. De presentarse máis dunha solicitude ou se se comproba a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
- OFERTA DE VACANTES
CURSO |
VACANTES |
4º INFANTIL |
22 + 3 NEAE |
5º INFANTIL |
9 |
6º INFANTIL |
6 |
1º PRIMARIA |
7 + 3 NEAE |
2º PRIMARIA |
2 |
3º PRIMARIA |
6 |
4º PRIMARIA |
2 |
5º PRIMARIA |
0 |
6º PRIMARIA |
13 |
Informamos de que este ano as listaxes non poderán ser publicadas no taboleiro exterior do centro nin na web, xa que a Axencia Nacional de Protección de Datos así o indicou, polo que soamente serán expostas no taboleiro interno do centro. De todos xeitos, seguiremos informando a través desta vía durante todo o proceso.