Convocatoria fondo solidario de libros e axudas para adquisición de libros e material 2019-2020

As familias que o desexen poderán solicitar dende este momento as axudas que a continuación se detallan (Orde do 3 de maio de 2019. DOG 20 de maio):

  • Axudas para a adquisición de libros de texto: para o alumnado que vaia cursar 1º e 2º de E. Primaria (VALES).
  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado que vaia cursar 3º, 4º, 5º e 6º curso de E. Primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado de E. Primaria.

Para poder acceder ao fondo solidario de libros de texto e material é requisito imprescindible ter devoltos os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2017-2018, antes do 21 de xuño. O Centro comunicará ás familias o horario e lugar de devolución.

 Os libros que se deberán devolver (3º, 4º, 5º e 6º curso) son todos os adquiridos coas axudas do curso 2018-2019, e deben estar en bo estado de conservación. Asimesmo, tamén poderán ser doados aqueles libros que non fosen adquiridos cos vales.

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario e das convocatorias de axudas. Ademais a Consellería iniciará un expediente de reintegro da axuda concedida.

O prazo de entrega das solicitudes de axuda remata o 21 de xuño.

A resolución provisional publicarase ata o 11 de xullo, e a definitiva ata o 19 de xullo.

A entrega de libros asignados a cada alumno efectuarase no mes de setembro.

Teñen á súa disposición en conserxería o impreso de solicitude , ou poden descargalo directamente premendo no adxunto.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

 a) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables

Cálculo da renda:

 Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2017, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 415) e a base impoñible do aforro (recadro 435); cando non a presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Ante calquera dúbida diríxanse ao Centro.

AdxuntoTamaño
20190520_fondolibros.pdf1.16 MB
ANEXOI.pdf358.04 KB

Powered by Drupal - Design by artinet