PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Do VENRES 1 de MARZO ao MÉRCORES 20 de MARZO 2019

  • DOCUMENTACIÓN
  • Prema AQUÍ para descargar o Anexo II: Formularios de Admisión
  • Os impresos tamén os poden recoller na conserxería do centro 

 

  • OFERTA DE VACANTES

CURSO

VACANTES

4º INFANTIL

22 + 3 ACNEE

5º INFANTIL

6

6º INFANTIL

11

1º PRIMARIA

 3NEAE

2º PRIMARIA

3

3º PRIMARIA

0

4º PRIMARIA

2

5º PRIMARIA

10

6º PRIMARIA

17

Letra de desempate

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron E-C para o primeiro apelido e U-P para o segundo.

 

 

NOVIDADE 

Este ano tamén se pode cubrir a documentación por internet a través deste ENLACE:

Solicitudes>Admisión>Crear solicitude Admisión

Garden o código da solicitude para posteriores comprobacións.

  • NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 2019-2020:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato

- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para
a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro pola que se regula a admisión do alumnado.

 

  • ASPECTOS IMPORTANTES DA ORDE A TER EN CONTA:

Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. De presentarse máis dunha solicitude ou se se comproba a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

  •  ZONAS DE INFLUENCIA

CENTRO

EDUCATIVO

ETAPA

EDUCATIVA

ZONA

INFLUENCIA

(PARROQUIAS)

CEIP "SAN ROQUE"

INFANTIL / PRIMARIA

ANDRÁS e CALEIRO

agás os lugares de VILAMAIOR,

A PANTRIGUEIRA e O TERRÓN                                          

 

2.  Considéranse zonas limítrofes da zona de influencia de cada centro educativo, as outras zonas de influencia do concello de Vilanova de Arousa, ou doutros concellos que limiten xeograficamente coa zona de influencia considerada.

 3. Outras zonas:

- As zonas de inflencia de Vilanova de Arousa que non limitan xeograficamente coa zona de influencia do centro.

- Os concellos que non limitan xeograficamente con Vilanova de Arousa

- Para os concellos que limitan con Vilanova de Arousa, e que contan con zonificación a efectos de admisión de alumnos: as zonas de influencia que non limitan coa zona de inflencia de Vilanova de Arousa considerada.

 

  • CENTROS ADSCRITOS

IES "FARO DAS LÚAS"

 

  • SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
  1. Os servizos de Comedor e de Plan Madruga deste centro dependen da ANPA. Tramitarase directamente con esta asociación.
  2. Transporte escolar
  3. Actividades extraescolares da ANPA
  4. Contratos-programa (PROA) os contratos-programa son plans dirixidos á mellora do éxito escolar 
AdxuntoTamaño
ED550B-G.pdf1.13 MB

Powered by Drupal - Design by artinet