PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019
- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
Do XOVES 1 de MARZO ao MARTES 20 de MARZO 2018
- DOCUMENTACIÓN
- Prema AQUÍ para descargar o Anexo II: Formularios de Admisión
- Os impresos tamén os poden recoller na conserxería do centro.
- Xunto coa solicitude de admisión (Anexo II), deberá entregar a seguinte documentación:
- Certificado de empadroamento
- DNI dos proxenitores
- Fotocopia do libro de familia
- DNI do alumno (se o ten)
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
- OFERTA DE VACANTES
CURSO |
VACANTES |
4º INFANTIL |
22 + 3 ACNEE |
5º INFANTIL |
11 |
6º INFANTIL |
5 |
1º PRIMARIA |
5 + 3NEAE |
2º PRIMARIA |
0 |
3º PRIMARIA |
0 |
4º PRIMARIA |
11 |
5º PRIMARIA |
17 |
6º PRIMARIA |
2 |
Letra de desempate
Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron Z-T para o primeiro apelido e C-J para o segundo.
NOVIDADE
Este ano tamén se pode cubrir a documentación por internet a través deste ENLACE:
Solicitudes>Admisión>Crear solicitude Admisión
Garden o código da solicitude para posteriores comprobacións.
- NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 2018-2019:
- Decreto 254/2012 do 13 de decembro pola que se regula a admisión do alumnado.
- ASPECTOS IMPORTANTES DA ORDE A TER EN CONTA:
Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. De presentarse máis dunha solicitude ou se se comproba a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
- ZONAS DE INFLUENCIA
CENTRO EDUCATIVO |
ETAPA EDUCATIVA |
ZONA INFLUENCIA (PARROQUIAS) |
CEIP "SAN ROQUE" |
INFANTIL / PRIMARIA |
ANDRÁS e CALEIRO agás os lugares de VILAMAIOR, A PANTRIGUEIRA e O TERRÓN |
2. Considéranse zonas limítrofes da zona de influencia de cada centro educativo, as outras zonas de influencia do concello de Vilanova de Arousa, ou doutros concellos que limiten xeograficamente coa zona de influencia considerada.
3. Outras zonas:
- As zonas de inflencia de Vilanova de Arousa que non limitan xeograficamente coa zona de influencia do centro.
- Os concellos que non limitan xeograficamente con Vilanova de Arousa
- Para os concellos que limitan con Vilanova de Arousa, e que contan con zonificación a efectos de admisión de alumnos: as zonas de influencia que non limitan coa zona de inflencia de Vilanova de Arousa considerada.
- CENTROS ADSCRITOS
IES "FARO DAS LÚAS"
- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
- Os servizos de Comedor e de Plan Madruga deste centro dependen da ANPA. Tramitarase directamente con esta asociación.
- Transporte escolar
- Actividades extraescolares da ANPA
- Contratos-programa (PROA) os contratos-programa son plans dirixidos á mellora do éxito escolar
Adxunto | Tamaño |
---|---|
4ANEXOS FORMATEADOS ED550B_G.pdf | 1.01 MB |