Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

O 22 de maio saíu publicado no DOG a Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (22 de maio) e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

A declaración do IRPF sobre a que se calculará o dereito ou non dereito a estas axudas será a do 2015.

Cálculo da renda:

Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2015, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 380) e a base impoñible do aforro (recadro 395); cando non a presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Os impresos para pedir as axudas pódense recoller no centro ou descargalos de Internet e despois se levarán o centro onde estean matriculados.

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2015,poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

 1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

b)Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

Impreso para cubrir: Anexo I

 

 

AdxuntoTamaño
dog_convocatoria_fondolibros_axudaslibros_e_material_escolar.pdf1.11 MB
anexo_i_-_ed330b_-_solicitude_1.pdf2.2 MB

Powered by Drupal - Design by artinet