PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015-2016

  • NORMATIVA REGULADORA

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para
a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

 

  • OFERTA DE POSTOS
CURSO VACANTES
3 ANOS 22 + 3 NEAE
4 ANOS 5
5 ANOS 12
10 + 3 NEAE
22
2
15
11
9

 

  • CENTROS ADSCRITOS

IES "FARO DAS LÚAS"

 

  •  ZONAS DE INFLUENCIA

CENTRO

EDUCATIVO

ETAPA

EDUCATIVA

ZONA

INFLUENCIA

(PARROQUIAS)

CEIP "SAN ROQUE" INFANTIL / PRIMARIA

ANDRÁS e CALEIRO

agás os lugares de VILAMAIOR, A

PANTRIGUEIRA e

O TERRÓN

2.  Considéranse zonas limítrofes da zona de influencia de cada centro educativo, as outras zonas de influencia do concello de Vilanova de Arousa, ou doutros concellos que limiten xeograficamente coa zona de influencia considerada.

 

3. Outras zonas:

- As zonas de inflencia de Vilanova de Arousa que non limitan xeograficamente coa zona de influencia do centro.

- Os concellos que non limitan xeograficamente con Vilanova de Arousa

- Para os concellos que limitan con Vilanova de Arousa, e que contan con zonificación a efectos de admisión de alumnos: as zonas de influencia que non limitan coa zona de inflencia de Vilanova de Arousa considerada.

  • PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Do LUNS 2 de MARZO ao LUNS 23 de MARZO 2015

 

  • Prema AQUÍ para descargar o Anexo II: Formularios de Admisión
  • Os impresos tamén os poden recoller na Secretaría do centro de luns a venres, de 13:00 a 14 horas.
  • Xunto coa solicitude de admisión, deberá, entregar a seguinte documentación:

              - Certificado de padrón.

    - DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia.
    - Se é o caso, solicitude de transporte escolar.
    - Se é o caso, certificación de custodia ou copia da sentenza ou convenio regulador.
    - Se é o caso,acreditación de situación de violencia de xénero.
    - Se é o caso, certificación de discapacidade no alumno/a, ou no seu pai, nai ou titor/a legal ou nalgún irmán.
    - Se é o caso, acreditación de condición de familia numerosa ou monoparental.
    - Se é o caso, certificación laboral da empresa do pai e da nai ou titores legais.

  • Cada solicitante só poderá entregar unha única solicitude no centro que se solicita en primeiro lugar.

 

  •  O alumnado con necesidades educativas específicas, achegará a documentación que acredite esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación ou de trastornos graves de conduta.

 

  •  O solicitante poderá demandar que se teña en conta o domicilio familiar ou lugar de traballo, neste caso, xunto coa solicitude de admisión, deberá achegar unha certificación de empresa.

 

  • A cantidade que debe figurar na casiña Renda anual per cápita da unidade familiar ( folla 3 do Anexo II), será a suma das que figuran nas casiñas 366 e 374 da declaración do IRPF do exercicio 2013.

 

  •  A táboa de valoracións figura na folla 5 do Anexo II.

 

  •  O alumnado procedente doutro centro debe remitir copia da súa solicitude ao centro de orixe.

 

  •  Os servizos de Comedor e de Plan Madruga deste centro depende da ANPA. Tramitarase directamente con esta asociación.

 

  • O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula nos prazos establecidos

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet