Eventos
Sáb | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
As solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2014-2015 entregaranse na Secretaría do centro entre os días 1 e 20 do mes de marzo. Publicouse no DOG do 15/03/2013, a orde que desenvolve o Decreto de Admisión 254/2012, do 13 de decembro, que regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria. de ESO e de Bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006 de educación (Orde do 12 de marzo de 2013)
1. Enlace para descargar impreso Anexo II
2. Xunto coa solicitude de admisión, deberá, entregar a seguinte documentación:
3. Cada solicitante só poderá entregar unha única solicitude no centro que se solicita en primeiro lugar. 4. O alumnado con necesidades educativas específicas, achegará a documentación que acredite esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación ou de trastornos graves de conduta. 5. O solicitante poderá demandar que se teña en conta o domicilio familiar ou lugar de traballo, neste caso, xunto coa solicitude de admisión, deberá achegar unha certificación de empresa. 6. A cantidade que debe figurar na casiña Renda anual per cápita da unidade familiar ( folla 2 do Anexo II), será a suma das que figuran nas casiñas 455 e 465 da declaración do IRPF do exercicio 2012. 7. A táboa de valoracións figura na folla 4 e seguinte do Anexo II. 8. O alumnado procedente doutro centro debe remitir copia da súa solicitude ao centro de orixe. 8. O servizo de comedor deste centro depende da ANPA. Tramitarase directamente con esta asociación. O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.
ZONAS DE INFLUENCIA
1. Considéranse zonas limítrofes da zona de influencia de cada centro educativo, as zonas de influencia dos demais centros do concello que impartan a mesma etapa educativa.
2. Outras zonas: os outros concellos.
3 anos.- CuestionarioFamilias
Os impresos poden recollelos na Secretaría do centro de luns a venres, de 13:00 a 14 horas.
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS
4º EDUCACIÓN INFANTIL
6º EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA 1º CURSO |