2º Curso

Relixión

SEMANA DO 18-22 DE MAIO

2º PRIMARIA:

Ola rapaces!!: imos repasar un chisco, a ver como ides de lembranzas!!!

-Adxunto 2 fichas de repaso :

- A primeira ten un laberinto, una sopa de letra e por último  busco diferencias.

-A segunda  e una historia que tendes  que completar e o final debuxar 3 viñetas que resuman a historia.

Tarefa para o 20-5-2020

Naturais: Ficha 2.

Sociais: Ficha 2.

Ao seren fichas de repaso, é boa ocasión para buscar nos libros se é necesario.

Recordade escribir no caderno: a data de hoxe, o título da ficha, o número da pregunta e a resposta completa.

Plástica: hoxe imos facer un adorno para a parte de arriba do lapis. No vídeo fai unha bolboreta, pero vós podedes facer a figura que queirades. É para traballar a simetría. https://youtu.be/3jz0MEcJd3U

O voso lapis vai levar 2 cousas: o adorno que llo colocades, e tamén poñédelle unha etiqueta co voso nome (os lapis do vídeo so levan o adorno). Enviade foto.

Familias: Recordade que hoxe podedes vir recoller os libros de 12:00 a 14:00 horas.

Boa xornada de manualidades!

 

Actividades de inglés

Facer a ficha e practicar a canción nº 7 "Can you see?".

Ademáis tamén vos mando un conto ó que podedes acceder a través do enlace:

https://elt.oup.com/elt/students/rainbowbridge/video/fairy_tales/level_1_3/tmcm.mp4?cc=global&selLanguage=en

Tarefa para o 19-5-2020

Matemáticas. Copia estos problemas en la libreta. Puedes hacer un dibujo que te ayude a explicarlo.

En el cuarto de baño había una caja con 92 bastoncillos. Hemos utilizado 21. ¿Cuántos bastoncillos quedan en la caja?

Serafín está confeccionando una manualidad con pétalos. Tiene 4 flores con 6 pétalos cada una. ¿Cuántos pétalos ha hecho?

Lingua: no caderno separa as palabras da ficha para formar oracións. Coa que máis che guste, inventa unha pequena historia.

Que o pasedes ben!

Tarefa para o 18-5-2020

 Acabouse a semana das Letras Galegas, agora tocan as nosas. En Corón imos facer o Faro da Escola. Este ano farémolo dende a casa, como non, pero cun formato diferente aos anos anteriores. Participaremos coa actividade de Lingua de hoxe, así que… redactade o mellor posible!

Lingua: Escribe unha redacción sobre o uso das tecnoloxías da información e comunicación durante o confinamento. Podes contar o que aprendiches e descubriches, o que mais che gustou, o que botas de menos, o que che gustaría facer, intentar ou aprender…

Naturais, no teu caderno:

1.   

Explica como se reproducen as plantas.

2.   

Recordades a tarefa de Naturais do 28-4-2020? Se plantastes algo, contade como fixestes, que planta sementastes… (opcional)

Naturais: sería fantástico sementar unha planta. Podedes escoller a que queirades, aquí tedes un vídeo para inspirarvos.

   

https://youtu.be/Zo77aCjzi-c

3.   

Resolve a ficha.

Enviade foto de Lingua e de Naturais, e das plantiñas se as tedes.

Ata mañá xornalistas!

 

Tarefa para o 15-5-2020

E para terminar a semana das Letras Galegas, temos unha ficha de repaso con Ricardo Carvalho Calero, aínda que o podedes seguir lendo cando queirades. Na ficha, se algo non vos acorda, nada mais sinxelo que buscar polos libros.

As familias que o desexen poderán pasar a recoller os libros e material dos seus fillos o mércores 20-5-2020, de 12:00 a 14:00. Pregamos seguir as normas de hixiene e distanciamento social.

Boa fin de semana e feliz día das Letras Galegas!

Tarefa para o 14-5-2020

Seguimos con Ricardo Carvalho Calero. A ficha do hoxe trata da familia do escritor cando era neno.

Efectivamente, o día das Letra Galegas é o 17 de maio. Enviádeme foto do traballo de hoxe.

Moito ánimo e ata mañá!

Tarefa para o 13-5-2020

Hoxe toca unha ficha sobre o conto de Ricardo Carvalho Calero “As pitas baixo a choiva”. Trae un anaquiño do conto, o conto completo podédelo ver nesta web:

http://aspitas.gal/

Inventade unha portada para este libro, tamaño a toda páxina e a todo color.

Plástica: imos facer unha pita, seguindo as instrucións, ou mellor dito, observando atentamente como fai a chica do seguinte vídeo, que está en inglés:

https://youtu.be/9mdigcGAyW4

Se pescades algo do que di, encima aprendemos idiomas. Contra o final recomenda dar unha volta pola casa para ver qué materiais podes atopar por aí, porque vale calquera cousa que teñades para decorala. Se a vosa oveira é de plástico, podedes revestila de trociños de papel e parecerán plumas.

Enviádeme foto das respostas, da portada e das pitas.

Pasádeo ben!

 

 

Actividades de inglés

Facer a ficha e practicar a canción nº 5 "It`s a bus".

Ademáis tamén vos mando un conto ó que podedes acceder a través do enlace:

https://elt.oup.com/elt/students/rainbowbridge/video/fairy_tales/level_1_3/goldilocks.mp4?cc=global&selLanguage=en

 

Relixión

SEMANA DO 11-15 DE MAIO

Ola nen@s:

-Adxunto fichas de repaso para esta semana.

Powered by Drupal - Design by artinet