blogue deadmin
ADMISIÓN 2014
ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA A ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2014-2015
DO 1 AO 20 DE MARZO
1. NORMATIVA REGULADORA DE ADMISIÓN
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 26/12/2012)
- Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sustentados con fondos públicos (DOG 15/03/2013).
- Instruccións da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U..
ACTIVIDADES ANPA
DÍA: LUNS
HORARIO: 16:30-17:45
ACTIVIDADE: COSTURA
DÍA: MÉRCORES
HORARIO: 16:30-18:00
ACTIVIDADE: MANUALIDADES, PINTURA E RECICLADO
DÍA: XOVES
HORARIO: 16:45-17:45
ACTIVIDADE: NATACIÓN (PISCINA DE CAMBADOS)
COMEDOR ESCOLAR
Tódolos días lectivos
HORARIO: 14:35-16:30
PLAN MADRUGA:
Tódolos días lectivos
HORARIO: 8:05-9:35
PROGRAMA PROA
PROGRAMA PROA
Destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6ºcursos de Educación Primaria.
É unha acción dirixida ao alumnado que presenta dificultades relacionadas coa ausencia de hábitos de traballo, escaseza de motivación, atraso no proceso de maduración persoal, pobre integración no grupo e no centro, aprendizaxe deficiente das áreas instrumentais e que por diversos motivos non pode recibir o apoio e reforzo que precisa no seo da súa familia; aínda que exista a vontade de facilitar esta axuda.
Pretende reforzar as competencias básicas, mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura, reforzar a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, alentar ao estudio e propoñer formas de traballo eficaces.
Lévase a cabo polas tardes, os luns e mércores para o alumnado de 3º e 4º cursos e os martes e xoves para 5º e 6º, de 16:30 a 18:30 horas.