Skip to Content

blogue deprofe

SAMAÍN

Co motivo do Samaín, aproveitamos para traballar na clase a emoción do medo: que é, como nos fai sentir, en que momentos o sentimos... e falamos moito daquelas cousas que nos fan sentir medo, como por exemplo a escuridade, os cans, o lobo, os crocodilos, os monstros... e incluso tamén as aspiradoras!

Pero por sorte, a pantasma "comemedos" visitou a nosa aula e puidemos darlle de comer todos eses medos que tanto nos asustan. Plasmámolos nun papel e... ñam! desapareceron.

Ademais, fixemos moitas outras cousas como decorar a nosa porta con pantasmas e teas de araña; debuxar unhas arañas con témpera e poñelas a bailar; ler o conto "Corre, corre, cabaciña"; acudir a un contacontos na biblioteca.... e rematamos disfrazándonos e maquillándonos de seres moi terroríficos!

Cumples de outubro na clase de 3 aniños A

Neste mes de outubro tivemos oportunidade de celebrar un montón de cumples! Adela, Antía, Alex e Lara cumpriron 3 anos e celebrámolo por todo o alto con cancións, contos, biscoitos... e incluso a visita de dous papás moi exploradores! Sorriso

Moitas gracias papis pola vosa colaboración e aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos:

SAMAÍN

Que medo pasamos estes días! Aprendemos moitas cousas sobre o Samaín, decoramos a nosa aula, fixemos o baile das arañas, manualidades terroríficas e coñecemos a Fantasmín, unha pantasma que comeu todos os nosos medos. Pero o que máis nos gustou foi converternos en monstros, cabazas, meigas, morcegos, vampiros e todo tipo de criaturas terroríficas! Aquí vos ensinamos unha pequena mostra e vos deixamos algunhas das cancion que escoitamos. Agora a descansar!

https://www.youtube.com/watch?v=hy-F-bWc7F4

https://www.youtube.com/watch?v=McW8sp8qga0&list=PL9fQOw-d_pkXUpVJs13H9GObx8YbigR1o

https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8

 http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d300029122kP978856985o2l1/samain-3anos

Formando caras con froitos do outono

Aproveitando as castañas, landras, noces e piñas que nos ofrece o outono, comezamos a identificar as partes da nosa cara:

Benvido, outono!

Aproveitando o bo tempo, os nenos e nenas de 3 anos saímos ao patio do cole a buscar follas de miles de cores: amarelas, laranxas, vermellas, verdes... e despois creamos un mural para dar a benvida ao outono! Sorriso

Aniversarios de setembro e outubro.

O inicio de curso estivo cheo de celebracións. Aquí vos deixamos un video con algunhas fotos dos aniversarios de Lara, Sofía, Antón e Manuel!

Xa teñen 3 aniños e celebrámolo ao grande!

 

O Outono xa chegou

Comezou un novo curso, e temos novo alumnado nas aulas de 3 aniños. Despois de superar o periodo de adaptación, xa nos coñecemos e estamos a vivir moitas aventuras. Entre elas, o cambio de estación. O outono xa chegou, e estamos aprendendo moitas cousas. Aquí vos deixamos algunhas das actividades que fixemos. O que máis nos gustou foi sair a por follas, lanzalas, ver a suas formas e cores, e despois traballar con elas na aula.

 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d298433011kP972394696o2l1/outono-4b-ei

GRADUADOS 6º

GRADUACIÓN 6º PRIMARIA

O BLOG DE VOZ NATURA ESTÁ DE VOLTA

Con esta entrada queremos dar a benvida ao curso 2019-2020. Recordarvos que o blog de Voz Natura xa comezou a andar e podedes seguir vendo as novas que se irán publicando durante o curso. Xa aproveitamos para publicar que este curso temos un proxecto común, no que todo o centro está implicado, alumnado, profesorado e familias. O proxecto terá como base a redución de consumo de plásticos.

BO COMEZO DE CURSO A TODAS E TODOS

Distribuir contido


by Dr. Radut