Skip to Content

blogue derociocn

CONCERTO: "LA FÁBRICA DE LOS SUEÑOS"

 

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acudimos ao Palacio da Ópera para presenciar o concerto "La fábrica de sueños". É un concerto que ofrece a Orquesta Sinfónica de Galicia cunha presentación de bandas sonoras de diferentes películas, vai acompañado de material audiovisual e dun contacontos. A experiencia é grandiosa e moi adaptada ao público asistente.

BAILE DO DÍA DA PAZ 2019. AS VOGAIS DA PAZ

IMAGINE EN LINGUAXE DE SIGNOS

OS GRANDES AXUDAN AOS PEQUENOS

 

 

Como sabedes este reto das grúas extendeuse por toda a escola. 5º A de Primaria axudando no seu reto a 5º A e B de Educación Infantil.

IMAGINE EN LINGUAXE DE SIGNOS

Outra das cancións que imos escoitar o Día da Paz.

UNHA VICTORIA E UNHA DECEPCIÓN. RECOLLEMOS BRÉCOL

Como sabedes, ao principio de curso, plantamos brécol na nosa horta e, á volta de vacacións, tocaba recollelo. O título do artigo, "Unha victoria e unha decepción", fai alusión a que houbo rapaces e rapazas que non atoparon o froito do seu traballo, xa que nos roubaron parte da colleita. Todas son leccións de vida pero, ás veces, non moi agradables.

 

 

 

ENSAIANDO O BAILE DA PAZ 19

O RETO DAS MIL GRÚAS

 

 O alumnado do noso centro está realizando un reto que finalizará o 30 de xaneiro, Día da Paz; para saber mellor en que consiste, premede na imaxe. Neste reto participarán todo o centro escolar, o alumnado dos cursos superiores ensinará aos outros cursos como facer estas grúas e finalmente xuntarémolas todas na entrada no centro. O obxectivo é conseguir as mil grúas que nos cumplan un desexo conxunto de Paz.

Aquí podemos ver alumnos e alumnas de 5º A de Primaria ensinando e axudando aos compañeiros e compañeiras de 5º de Infantil.

&

ARCO DA VELLA DE AUGA DOCE

MOITAS FELICITACIÓNS

Distribuir contido


by Dr. Radut