Segundo a Resolución do 10 de setembro de 2024, da Consellería de Educación, neste curso 2024-25 debe ralizarse a renovación parcial do sector de nais, pais e titores/as legais do alumnado do Consello Escolar do centro.
Compre destacar os seguintes aspectos recollidos na mencionada Resolución:
- Corresponde a renovación de 3 membro (1 pode ser proposto pola ANPA) do sector dos 5 que o compoñen
- Poderán prentar a súa candidatura todos o pais, nais, titores e titoras do alumnado que realicen a solicitude a través do modelo oficial dispoñible na secretaría do centro ou descargala premendo AQUÍ
- A presentación de candidaturas farase na secretaría do centro ata o 6 de novembro ás 14:00 horas.
- Poderán participar na votación as nais/pais ou titores/as con alumnado matriculado no centro e incluídas no censo que estará dispoñible desde o 30 de outubro no taboleiro de anuncios.
- As votacións terán lugar o día 18 de novembro no colexio entre as 16:45 e as 19:00 horas.
- O 11 de novembro ás 11:30 terá lugar o sorteo público para designación dos membros da mesa electoral entre as persoas incluídas no censo e que non presentaran a súa candidatura.
Podes consultar esta información de xeito ampliado premendo en CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS
Cales son a funcións máis importantes do Consello Escolar?
Podes coñecer todas as súas funcións premendo AQUÍ.
Por que é importante a participación no Consello Escolar do centro?
O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do colexio e nel están representadas as familias, o Concello, o persoal de servizos do centro e o profesorado.
O Consello Escolar é o lugar no que todas as persoas que compoñemos esta comunidade educativa podemos expresarnos, debater e tomar decisións que marcarán o hoxe e o mañá do colexio, é dicir, o dos nosos nenos e nenas.
A participación de todos e todas é fundamental para seguir facendo do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma un lugar de encontro, crecemento e aprendizaxe, polo que desde o centro animámosvos a presentar a vosa candidatura.