Cada luns publicaremos na AULA VIRTUAL de cada curso a proposta de actividades para toda a semana. Incluirá fichas imprimibles e actividades interactivas. O alumnado que non poida imprimir as fichas pode solicitar ao Concello de Barreiros a súa impresión e distribución chamando ao teléfono 666875946 ou enviando un correo electrónico a cemitbarreiros@gmail.com
Prégase responsabilidade ás familias para que fagan a solicitude ao Concello soamente se é realmente necesario para non colapsar este servizo.
Aproveitamos para agradecer ao Concello de Barreiros a colaboración que presta nesta situación especial que vivimos.
Ánimo a tod@s.