Durante todo o mes de decembro respirábase ambiente de Nadal no colexio. Os pasillos e portas estaban adornadas con motivos do Nadal; con moita ilusión os nenos/as escribían as súas cartas a Papá Noel e a aos Reis Magos, e deixábanllas nos buzóns para que foran recollidos polas propias maxestades en persoa.
Finalmente chegou o gran día, na que recibimos a visita dos Reis Magos. Con eles trouxéronnos moitos agasallos e poidemos entregarlles as nosas cartas.
Para rematar o día todos os nenos/as participamos nun obradoiro de cociña onde fixemos doces con follado, chocolate e marmelada de amorodos que acompañamos cun chocolatiño ben quente. E por suposto non poideron faltar as panxoliñas que cantamos para os nosos pais.
Se queredes ver as fotos pinchade aquí
QUE PASADES FELICES FESTAS E VÉMONOS O LUNS 8 DE XANEIRO CON MOITAS GANAS DE SEGUIR TRABALLANDO
Axiña colgaremos o vídeo de felicitación de Nadal feito por todos os alumnos/as.