Skip to Content

MAGOSTO

O venres 10 de novembro celebramos o Magosto.

No patio do colexio poidemos degustar doces caseiros feitos con produtos típicos do outono. Queremos dar as grazas a todas as familias pola vosa colaboración, todos os doces estaban riquísimos Canso Puxémonos as botas! Despois para baixar todo o que comemos participamos nunha sesión de xogos populares.

Claro, quedamos tan cansos que houbo que repor forzas cunha gran comida a base de churrasco e chourizos con pan.

Pola tarde non puido faltar a degustación de castañas que asamos no patio do colexio e que poidemos compartir e degustar cos nosos pais. E como non, volvemos atacar neses saborosísimos doces que aínda quedaban.

Foi un día para lembrar!

Se queredes ver as fotos de todo o que fixemos pincha na imaxe.



page | by Dr. Radut