Este xoves 25 de abril levouse a cabo no campo da feira de Cartelle a carreira “ Kilómetros de solidaridade”, organizada polo CEIP San Marcos. Esta proposta foi iniciada pola ONG Save the Children no ano 2004 e transladada ós centros educativos. Os obxectivos desta carreira son dous:
- Sensibilizar ao noso alumnado coas inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas en todo o mundo.
- Recadar fondos para axudar á infancia máis vulnerable nos países máis desfavorecidos e asegurar que se respeten os seus dereitos.
Para levalo a cabo cada participante buscou patrocinadores que se comprometeron a abonarlle unha cantidade por cada kilómetro que recorra. Dado que a carreira foi no campo da feira os kilómetros foron simbólicos e adaptados a tódalas idades. O diñeiro recaudado será enviado a Save the Children.
Agradecer a axuda prestada ao Concello de Cartelle e a Protección Civil.
Para máis información: http://www.savethechildren.es