Eventos
BENVIDOS A WEB DO CEIP "SAN MARCOS"
R/ BANDEIRA, 1
32820 CARTELLE - OURENSE
TEL. 988 48 41 46
Celebramos o Día da Biblioteca 2013. Realizamos un mural no que participou todo o alumnado do colexio. Nel mostramos os libriños que máis nos teñen gustado ultimamente.
Quedounos "chuliño". Verdade?
Co motivo da celebración o 24 de outubro do día da Biblioteca, cada nen@ fixo unha recomendación dun dos últimos libros, contos que máis lle gustara. A posta en común foi un mural moi colorido.
Chegou o Samaín! Na biblioteca hai unha selección de lecturas, contos, e historias para arrepiarse co moitísimo medo que dan!
Por segunda ocasión realizamos no colexio a actividade "Nunca sen almorzo". Promovida pola Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense, recordamos unha vez máis a importancia de facer un bo e adecuado almorzo polas mañás.
Ao ser o centro no que se iniciaba este curso a campaña, estiveron presentes Rogelio Martínez, delegado da Xunta en Ourense, María Villar, xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, e Carmen Leyte, alcaldesa de Cartelle. Un bo número de nais, pais e titores tamén acompañaron aos rapaces e rapazas tanto na charla previa, coma no almorzo que se realizou a continuación.
E recordádeo: Nunca sen almorzo!
Descubrindo o entorno natural cercano ao centro realizamos unha andaina pola "Ruta do Río Gato". No seu tramo final o río Gato vai serpenteando a pouca distancia do pobo de Madarnás, preto de Cartelle, para despois "mansamente" fundirse no Arnoia.
Unha experiencia xenial que vos recomendamos!