Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 02/05/2013 11:00
Voluntarias da Cruz Vermella, co motivo da celebración o 22 de marzo do día Mundial da Auga, achégaronse ao noso cole para darnos algún trucos para aforrar este preciado líquido. O obxectivo desta charla é concienzar aos nenos e nenas da necesidade de preservar a auga e garantir que as xeneracións futuras poidan ter acceso a ela. Non despilfarrar auga no fogar é unha medida fundamental. Para iso, vimos uns interesantes vídeos e ademais deron a cada neno e nena un kit básico para non malgastar auga na casa.
Start: 02/05/2013 11:00
Voluntarias da Cruz Vermella, co motivo da celebración o 22 de marzo do día Mundial da Auga, achégaronse ao noso cole para darnos algún trucos para aforrar este preciado líquido. O obxectivo desta charla é concienzar aos nenos e nenas da necesidade de preservar a auga e garantir que as xeneracións futuras poidan ter acceso a ela. Non despilfarrar auga no fogar é unha medida fundamental. Para iso, vimos uns interesantes vídeos e ademais deron a cada neno e nena un kit básico para non malgastar auga na casa. Start: 02/05/2013 11:13
Los libros son las abejas que llevan el polen de una inteligencia a otra. (James Russel Lowell)
23 de abril, día do libro. No CEIP San Marcos celebramos o día do libro realizando diferentes actividades nas aulas e creando entre todos un libro viaxeiro e que está a piques de ter xa un desenlace. En breve colgaremos as súas páxinas na web do cole.
Start: 02/05/2013 11:15
Este xoves 25 de abril levouse a cabo no campo da feira de Cartelle a carreira “ Kilómetros de solidaridade”, organizada polo CEIP San Marcos. Esta proposta foi iniciada pola ONG Save the Children no ano 2004 e transladada ós centros educativos. Os obxectivos desta carreira son dous:
Para levalo a cabo cada participante buscou patrocinadores que se comprometeron a abonarlle unha cantidade por cada kilómetro que recorra. Dado que a carreira foi no campo da feira os kilómetros foron simbólicos e adaptados a tódalas idades. O diñeiro recaudado será enviado a Save the Children. Agradecer a axuda prestada ao Concello de Cartelle e a Protección Civil. Para máis información: http://www.savethechildren.es
Start: 02/05/2013 11:21
O domingo 28 de abril celebrouse en Ourense a primeira carreira do Circuito de Carreiras Populares “Correndo por Ourense” tocándolle nesta ocasión ao barrio do Vinteún. Algúns nenos e nenas do noso colexio achegáronse ata Ourense para participar na carreira, animados polo seu mestre de educación física. Como podedes comprobar nas fotos, colléronlle o gusto e seguro que participarán nas posteriores citas con vistas, seguro, a mellorar o tempo da San Martiño 2012. Start: 02/05/2013 11:25
Como xa vén sendo unha costume no CEIP San Marcos o día 30 de abril foi “O día das portas abertas”. Esta xornada estivo organizada pola ANPA en colaboración co claustro e o Concello de Cartelle. Nela, o futuro alumnado do centro acompañado dos seus pais ou titores, coñeceu as instalacións do colexio e participou dalgunhas actividades. Ás 14 horas chegaron os pequenos e tras unha curta visita ao comedor, gozaron do seu primeiro recreo. Ás 15 horas deron un paseo polas aulas e media hora máis tarde, xa na clase de infantil, puideron imaxinar como serán os seus primeiros anos de escolarización. Coñeceron á súa futura mestra e xa para rematar dúas nenas de sexto, Sonia e Marta, tíñanlles unha sorpresa: íanlles contar o conto “Queres xogar comigo? Para poñer o broche final, visitáronnos os títeres A Xanela do Maxín coa actuación “Chincha Rabincha”. Participou todo o alumnado nesta última sesión lectiva. Xa dentro do horario de extraescolares , os nenos e nenas comprobaron o ben que o pasan os nenos na actividade de patinaxe.
|