Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
E.P. 4º B
Comendo as castañas e pasándoo moi ben
Despois de coller as castañas no souto vimos como Luis e Teresa as asaban e despois de comer probámolas e estaban moi ricas; pola mañá estivemos facendo xogos relacionados coas castañas: carreiras, encestar castañas, ... e outros tradicionais como andar en zancos, xogar a petanca, saltar a corda,...
Fomos ao Souto
Fomos ao souto a buscar as castañas para podelas comer no cole.
Pinchámonos un pouco pero pasámolo moi ben.
Visitounos a banda de música de Abegondo
Algúns profesores da banda de música de Abegondo fixeron unha demostración de varios instrumentos e deixaron que os nenos os tocaran para intentar sacarlles algunhas notas.