DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias

Lembramos á comunidade educativa que o vindeiro día 17 de Maio é día festivo na nosa comunidade autónoma e o día 18 é un dos días que o centro escolleu coma non lectivo e que autorizou a consellería.

Deste xeito reiniciamos as clases o mércores 19.

Un saúdo e feliz día das nosas letras.

Pago comedor

Estimadas familias.

Ante a imposibilidade de facervos chegar os impresos de pago de comedor aconsellámosvos que fagades o pago telemático, a través de Abalar, para o que estades todos habilitados.

Se por calquera cuestión non podedes facelo así mandade un correo ao centro e mandarémosvos á volta de correo un PDF para que poidades acudir ao voso banco habitual.

Moitas grazas.

PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2021/22

Publicamos as programacións correspondentes aos diferentes cursos de Educación Primaria correspondentes ao presente curso escolar

 

  1º Nivel         2º Nivel         3º Nivel         4º Nivel         5º Nivel         6º Nivel

 

Música

Tarefas para a semana do 27 de abril

Comeza unha nova semana, e mentres agardades polo gran estreo que anunciamos na outra entrada...
 
O equipo de biblioteca xunto co de Voluntariado miúdo achéganos unha proposta solidaria cara a terceira idade.  Podédesvos informar en https://bibliomarquinos.blogspot.com/2020/04/debuxos-e-mensaxes-de-animo-para.html
 

Saímos á rúa

Pois hoxe, primeiro día en que os nenos e nenas poden saír a pasear, recibimos esta foto ... 

GRAZAS!!! Nós tamén vos botamos moito de menos, non vos facedes unha idea.

Grazas!!

Feliz día de San Marcos!!!!!!!!!!!!

Estimadas familias, queridos alumnos e alumnas... FELIZ DÍA DE SAN MARCOS!!!

Agardamos que todos sigades moi ben de saúde e que no día de hoxe vos acordedes moito de nós. Aproveitade a facer algo especial... que vos parece un postre , un debuxo para o cole, contar un conto??? O que queirades!! Estaremos encantados de que nolo contedes.

Powered by Drupal - Design by artinet