Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
NOVA SEMANA . Tarefas e comunicados varios.
OLA A TODOS E A TODAS!!!!
Comeza unha nova semana e nos ficheiros adxuntos tedes algunhas tarefas novas e tamén solucionarios.
Dende o PDC fannos unha proposta de merendas creativas. http://pdcsanmarcos.blogspot.com/2020/05/merendas-creativas-e-saudables.html
O equipo de biblioteca e o EDLG celebran a "Semana do medio ambiente". http://bibliomarquinos.blogspot.com/search/label/medio%20ambiente https://edlgsanmarcos.blogspot.com/
Tamén teredes novas propostas no blog do equipo de plurilingüismo. https://sanmarcosenglishclass.blogspot.com/
Aproveitamos tamén para dar dous avisos.
ADMISIÓN :
Xa temos publicadas no centro as listaxes provisionais de admisión de alumnado para o curso 2020/21, por se queredes consultadas, pero ESTÁN ADMITIDOS TODOS E TODAS OS QUE FIXERON A SOLICITUDE.
ENTREGA DE MATERIAL DE INFANTIL.
Farase o venres día 5 de xuño.
As familias das aulas A (lila, verde e laranxa ) acudirán a recoller o material de 10.00 a 12.00 horas.
As familias das aulas B (vermella, azul e amarela) acudirán de 12.00 a 14.00 horas.
As familias de 3 anos entrarán pola porta habitual de acceso ao edificio de E.I.
As familias de 4 e 5 anos entrarán pola porta lateral, a da beirarrúa, que estará aberta para este fin.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
1 de Xuño 2º E.P..pdf | 3.68 MB |
1 de Xuño. Tarefas Relixión Católica.pdf | 537.61 KB |
1-7 Xuño. Tarefas 4 EP.pdf | 766.46 KB |
Solucionarios 25-31 MAIO.4EP.pdf | 151.05 KB |