ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A SEMANA DO 14 DE ABRIL

Bos días a todos e a todas.

Pois aquí estamos de novo e imos achegando como arquivos adxuntos as tarefas propostas polos mestres.

Para facilitar a comunicación familias-alumnado-mestres, creamos contas de correo co dominio ceipsanmarcos para todo o alumnado de 2º e 3º. Para obter o voso nome de usuario e contrasinal escribide un correo ao centro solicitando a información. A través deste correo poderemos ter unha comunicación máis fluida e tamén establecer chats ou incluso video conferencias de ser preciso.

Non esquezades visitar os blogs, onde tamén tedes cousas para facer e seguir aprendendo.

Aviso especial para o alumnado de 3º e 4º para que se anoten á aula que creamos para inglés. Achego de novo as instrucións en documento adxunto.

 Lembramos tamén que sería interesante que todas as familias baixase a aplicación ABALAR  a través da que vos poderedes comunicar comodamente cos titores e titoras dos vosos fillos e fillas  

http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/abalarmobil

AdxuntoTamaño
3º E.P. Semana14-17deabril.doc160.5 KB
REGISTRO ALUMNOS EN BLINK.pdf439.73 KB
Música 1º.pdf actividades para a segunda quincena de abril142.57 KB
Música 2º.pdf actividades para a segunda quincena de abril209.81 KB
Música 3º.pdf actividades para a segunda quincena de abril161.59 KB
Tarefas de Relixión Católica para E.I. e E.P..pdf413.32 KB

Powered by Drupal - Design by artinet