COMEZAN AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!!!!!!!!!!!!!!

OLA A TODOS E A TODAS!!!!!!!!!!!!!! 

Como seguides ?? Agardamos de todo corazón que todos vós, nenos, nenas, papás, mamás, avós e avoas vos atopedes en bo estado de saúde e con moito ánimo, que por fin chegaron as vacacións. 

Este ano van ser un pouco diferentes porque non imos poder saír a ningures, pero temos que buscarlle o lado positivo, temos que aproveitar a facer esas cousas que normalmente non podemos por falta de tempo, temos que ler, xogar ao parchís, á oca, ás cartas... temos que cantar, bailar, facer debuxos, contar historias... Temos moitas cousas que nos poden axudar a pasar unhas boas vacacións.

O que tedes que facer estes días é desconectar!! Esquecede os traballos escolares e vagueade un pouco. Hai que coller forzas para a volta, que nos toca iniciar unha nova aventura, pero dende casa.

Aínda que non querermos que traballedes, ides ter algunha sorpresa no blog da biblioteca, sorpresas para pasar un ratiño entretido 

 

E tamén un vídeo que preparou Cristina, a nosa orientadora, para toda a familia.

https://youtu.be/y3EVFyMCqc4 

Quero aproveitar tamén a dar as grazas a todas as familias pola celeridade en enviar os datos precisados para a solicitude de bolsas de comedor e as mensaxes de interese pola nosa saúde e de ánimo que nos transmitistes!! AS MÁIS SINCERAS GRAZAS !!  É algo que se valora moito, especialmente nestes momentos tan complicados.

E xa sen máis queremos desexarvos unha boa Pascua en nome de todos os mestres e mestras do CEIP Plurilingüe "San Marcos".

Xogade, cantade, ride, bailade, sede felices!!!!!!!!!!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet