Xa estamos de volta!!

Ola a tod@ s e benvidos de novo a esta vosa casa.

O verán pasou nun suspiro e xa estamos aquí outra vez cargados de enerxías renovadas e preparados para facer unha chea de cousas novas.

Xa levamos algo máis dun mes de clase e xa tivemos algunha que outra cousiña. Xa fomos ao souto do sr. Claudino e como tódolos anos, apañamos as castañas  e xa fixemos o noso magosto particular, aínda que con 25 inusuais grados que máis nos lembraban a un San Xoán que a unha festa de outono.

Arrancamos o curso con moita ilusión e cun novo proxecto que xa estamos a por en marcha.

Este curso imos traballar O CAMIÑO INGLÉS.  Sabemos que hai controversia neste tema pero nós non imos entrar neste tipo de cousas. Nós simplemente queremos aproveitar a ocasión de que o camiño forma parte da nosa entorna e da nosa vida cotiá para estudar a flora e a fauna que nos rodea, para observar a arquitectura que atopamos no seu percorrido e para dalgún xeito tratar de entender os mil motivos persoais que fan que tantas e tantas persoas decidan un día coller unha mochila e botarse a andar.

Agardamos aprender moito e de seguro que contamos con moita colaboración do concello, das familias e dalgún que outro amigo que nos queira botar unha man.

 

Como dicíamos antes… arrancamos!!!!!!!!!!!! Estades preparados??

Powered by Drupal - Design by artinet