PROGRAMA DE AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO 2012/13

 A Consellería de Cultura, Educación e O. U. publica a orde de convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto. (Facendo clic no subliñado poden acceder a orde completa).

A continuación infórmase do procedemento a seguir:

Prazo de Presentación de solicitudes: Do 2 de xuño ao 2 de xullo, na secretaría do Colexio

Documentación: Anexo I - Solicitude,  debidamente cuberta. (Recóllese no Centro ou ben da páxina a traves da rede)

Outra documentación: 1.- Fotocopia do libro de familia onde estén todos os membros que convivan ou ben documento que o acredite.

En caso de discapacidade dalgún membro da unidade familiar: certificado que o acredite.

Contía das axudas: Daso que a contía da axuda depende da renda per cápita prégase cubrir todos a apartados referidaos á renda familiar de toso os membros  e asinar  no correspondente espazo.

Obtención do vale: Unha vez entregada a solicitude. O colexio introduce os datos na aplicación informática que xerará o vale. Este vale entregarase en persoa no Centro (previo aviso ás familias) e servirá para entregar na librería onde merquen o material escolar.

Powered by Drupal - Design by artinet