Conectividade-pinchos préstamos de equipamento.

Volvendo ao Proxecto Piloto de Libros Dixitais salientar polo miudo os pasos dados a partires do comezo do mesmo. A final de setembro dispuxemos das licenzas dixitais para que o alumno traballase co seu libro. Neste intre o principal atranco era solucionar o problema do alumnado sen conectividade nas suas casas. A finais de novembro a Consellería dotou de pinchos 3G para ter esa conectividade. Desde o Centro se elaboraron uns pinchos nos que o alumnado dispoñ dos libros dixitais ademais de telos no seu ultraportátil. Eiquí sinalar a problemática do Libros de Inglés que non dispoñemos de contidos fora de liña. Salientar que ata o de agora non temos resposta satisfatoria por parte da editorial e estamos a arbitrar solucións de cara ao segundo trimestre.

Powered by Drupal - Design by artinet