Libros dixitais

Participación no proxecto de libros dixitais. Ao remate do curso 2010/11 a Consellería de Educación ofrece ao Colexio formar parte dun programa piloto de libros dixitais en 6º Nivel, Esto supón a eliminación do libro-papel e pasar a utilizar o libro dixital. Sendo conscientes das dificultades que podiamos atopar (conectividade, equipamento informático do alumnado nos seus domicilios, etc) aceptamos a proposta e así pasamos a formar parte dun  pequeno grupo de 9 centros de ensinanza de Galicia que están a traballar con este Plan Piloto.
Pasou case un trimestre e as sensacións son que pese aos atrancos atopados, pouco a pouco imos superándoos e, que ao remate do curso poderemos facer unha avaliación satisfactoria, tanto na implantación do programa coma nos resultados académicos do noso alumnado que ao fin é o que realmente nos importa.

Powered by Drupal - Design by artinet