Skip to Content

Xogos educativos

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Ola queridos nenos, nenas e familias!

Pois xa chegou a derradeira semana deste curso que nunca olvidaremos. O 19 damos vacacións, damos as notas,...moitas cousas.

Para eses alumnos e alumnas que aínda queren seguir exercitando a mente, propoñémosvos unha lista de enlaces para xogar e divertirse.

https://toontastic.withgoogle.com/ Para tunear debuxos (para tablet e teléfono)

https://sketchfab.com/ Para facer modelos 3D( Para todos os aparatos dixitais)

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.duckduckmoosedesign.cpkids&hl=es_419 Para crear mensaxes e caras divertidas. (Para teléfono e tablet)

morfobooth,Transformador divertido de caras ( para todo tipo de aparatos dixitais)

https://es.liveworksheets.com/mo489538hp (xogo verdadeiro ou falso)

https://es.liveworksheets.com/xr649769sr  (Quen é quen, xogo de pistas)

https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Audici%C3%B3n_y_Lenguaje_%28AL%29/Comprension_lectora/Juego_de_adivinanzas_xe632419tg (xogo de adiviñas)

https://es.liveworksheets.com/ni121057in (Entrena a túa mente)

https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Lengua_Castellana/Vocabulario/Pasapalabra_fd426826bt (Pasapalabra)

https://www.vedoque.com/ (xogos varios)

http://www.jigsawplanet.com/ (puzzles)

 

https://www.cerebriti.com/ (xogos varios)

Vémonos virtualmente o mércores.

Un superabrazo,

A titora

Tarefas do 15 o 18 de xuño

Por fin chegamos ao remate do curso!!

Achégovos as últimas tarefas que son voluntarias, non teredes que envialas.

Parabéns a todos e todas polo voso traballo. E grazas as familias pola súa colaboración.

Boas Vacacións e feliz verán!!

 

ENTROIDO 2019

Hoxe celebramos o entroido no San Francisco Xabier.

Foi un día animadísimo!!!  Aproveitamos o noso proxecto da Biblioteca e de centro  “A CONVIVENCIA”  como temática de entroido. Cada nivel, elexiu a profesión que considera importante e que contribúe positivamente a favorecer convivencia na sociedade.  De repente, convertímonos en doutores e doutoras, bombeiros e bombeiras, cociñeiros e cociñeiras (chefs!!), policía local, científicos/científicas, periodistas,  voluntarios e voluntarias  da cruz vermella, xuíces e xuízas, e incluso a unidade militar de emerxencias,…

Saímos todas as comparsas e fixemos un pasarrúas, para rematar cun desfile festeiro no colexio e celebramos o I Certame de Poesía Retranqueira.

Foi un día xenial!!!

Queremos agradecer a colaboración de todo o profesorado, alumnado, familias, ANPA, Protección Civil, e de Luis Ramas, quen aporta todo o seu tempo e saber para que o son sexa sempre perfecto!!

Pódese ver unha pequena mostra do pasarrúas pinchando aquí 

MATEMATÍZATE

Un ano máis o alumnado do CEIP San Francisco Javier participa en MATEMATÍZATE, actividade na que aprendemos Matemáticas de xeito lúdico e divertido, potenciando o inxenio e resolvendo problemas de forma lúdica e divertida.

Un grupo de alumnos/as convertirase en monitores dos seus compañeiros e compañeiras, cas propostas Ana, quen con distintos xogos logra convertir as matemáticas en fantásticos  retos e aventuras.

Unhas auténticas mate divertidas!!

Para aprender e divertirse

Más que números

Actividades de Matemáticas para Educación Primaria

Aprendo palabras 2

Para aprender o vocabulario do libro de Lingua Galega.

Recomendado para 2º de EP.

Animais 2

Aprende a distinguir as características dos animais e a clasificalos en distintos grupos.

Recomendado para 2º de EP.

 

 Velocidade lectora

Selecciona o teu nivel de lectura e practica para chegar a ser o lector máis rápido do oeste.

Recomendado para 1º e 2º de EP.

Sílabas inversas

Fíxate ben na palabra que corresponde ao debuxo para despois colocar ben as súas letras.

Recomendado para 1º de EP.

 Picapalabra

Pica sobre a palabra igual ao modelo antes de que desapareza ou terás que volver a empezar.

Recomendado para 1º de EP.

 

 De tanto en tanto

Aprende a contar de 2 en 2, de 5 en 5, de 10 en 10 e de 20 en 20 coa axuda dos euros.

Recomendado para 2º de EP.

 Palabras fugaces

Pica sobre a palabra que coincide co debuxo. Se erras ou non picas, voltarás ao principio do nivel.

Recomendado para 1º e 2º de EP.

 O noso corpo 2

Aprende a situar músculos, ósos e articulacións do noso corpo.

Recomendado para 2º de EP.

 Kiosco

Practica a resta con números decimais comprando as túas revistas preferidas.

Recomendado para 4º e 5º de EP.

 Decieuros

Aprende a escribir números decimais con moedas e billetes.

Recomendado para 4º e 5º de EP.

Distribuir contido


by Dr. Radut