Skip to Content

PROPOSTA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

O día 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas.

Este ano dedícase o día a Ricardo Carvalho Calero, autor de poesía, novela e teatro.

Aínda que esta celebración trasládase ao mes de outubro, desde o Equipo de Dinamización de Lingua Galega, propoñémosvos que nos contedes como vos sentides estes días, que estades a facer na casa, ou se saíchedes onte que fixéchedes.

Podedes contárnolo facendo un debuxo.  Se algún ou algunha de vós se anima a escribir ADIANTE! Seguro que o faredes xenial!

Os que vos animedes, podedes enviar o voso traballo ao seguinte correo:

 

jesus.aulas@gmail.com

 

Prazo máximo de entrega:22 de maio



page | by Dr. Radut