Hello boys and girls! How are you?
Déixovos por aquí o que programei para traballar durante esta semana.
Gustaríame que forades ás páxinas 40 e 41 do voso Class Book. Recordade que o tedes tamén dispoñible na aula virtual de Blinklearning. (Libro digital Review 2-Lisa´s hobbies).
Nestas páxinas hai cousiñas de repaso. Primeiro premede no icono do altavoz do exercicio 2 e escoitade e lede o que nos conta Lisa sobre os seus hobbies. No documento adxunto levades a tradución en galego do que nos conta Lisa, consultádeo para aclarar posibles dúbidas.
A continuación facede os exercicios 1 e 4 na vosa libreta (no 1 tedes que localizar eses elementos nas imaxes e no 4 asociar os debuxos co seu nome) e completade tamén a ficha que vai no documento adxunto-páx 2 sobre os vosos hobbies acompañada dun debuxo, podedes imprimila ou copiala directamente na libreta.
Calquera dúbida consultádeme no correo amparpaz@edu.xunta.gal
Bye!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Tradución.pdf | 5.83 KB |