Skip to Content

TAREFAS DE INGLÉS do 14 ao 17 ABRIL

Hello kids!  How are you?

Déixovos por aquí o que programei para traballar durante esta semana.

Gustaríame que forades á aula virtual de blinklearning na que estades rexistrados e accederades ao Class Book na páxina 2 (Welcome to Rooftops School), podedes ver que ao lado de Lesson 1 aparece un icono dun vídeo, premede sobre el e estade atentos.

Podedes facer tamén os exercicios desa mesma páxina 1,2 e 3, premendo no icono do altavoz iredes escoitando.

A continuación propoño as tarefas que aparecen no documento adxunto relacionadas coa temática do vídeo. Tedes que escribir ou recortar e pegar os nomes dos números e logo facer un crucigrama. Fixádevos que no crucigrama as casiñas máis sombreadas esconden unha mensaxe. Cal será?  Seguro que a descubrides. (Se non tedes impresora coa axuda da vosa familia podedes copiar as tarefas nun papel).

Calquera dúbida consultádeme no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Bye!

AdxuntoTamaño
Write or cut and paste the numbers.pdf497.46 KB


page | by Dr. Radut