Skip to Content

LICENCIAS DIXITAIS E ALGO MÁIS

Ola, boas tardes!

Enviei por medio de Abalar as licenzas dos libros dixitais de Anaya. Ademáis de permitir o acceso ao libro de texto, proporciona tamén un repertorio de actividades on line moi xeitoso.

Para as áreas de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais, a editorial Vicens Vives enviou este enlace que tamén pode ser de utilidade.

https://www.vicensvives.com/vvweb/view/pages/p01/load.php?id=2786&lang=es

Ide comentándome como van as cousas, por medio de Abalar ou do correo que puxemos á vosa disposición.

O xoves temos Plástica, que vos parece se debuxades, pintades con pincel,...o que vedes desde a vosa ventana?. Pedide permiso a un adulto para facelo; coa ventana pechada tamén se ve a paisaxe. Cando rematedes, enviádemo ao correo de 3ºB e faremos unha exposición virtual.

O venres temos Valores, recordades?, suxírovos que escribades, honestamente, coma vos sentides despóis de dúas semanas na casa. Podedes facer un debuxo que ilustre o voso estado de ánimo.

Mándovos un superabrazo e espero que todo vaia ben pola vosa casa.

Traballo e alegría.



page | by Dr. Radut