ORDE de 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 16 maio 2023)
Actividades lectivas: dende o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos inclusive.
Vacacións escolares:
– Nadal: dende o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.
– Antroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.
– Semana Santa: dende o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos inclusive.
Días non lectivos:
1.
Festas laborais de ámbito estatal, autonómico e local.
2.
Día do Ensino: 7 de decembro de 2023.
3.
Días non lectivos de libre elección por parte dos consellos escolares dos centros: Solicitáronse e están pendentes de autorización por parte da xefatura territorial, as seguintes datas: 13 de outubro de 2023 e 20 de maio de 2024.