Skip to Content

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola, equipo, boas tardes!!

Que tal estades? Esperamos que moi ben dispostos a traballar moito nesta última semana de maio.

Ciencias Sociais.

Comezamos tema novo. Despóis de lelo e entendelo tedes que facer un dicionario ilustrado do vocabulario básico. Pode que esta actividade nos leve máís dunha semana porque é moi laboriosa. (en adxuntos)

Ciencias da Natureza

Volvemos á libreta para facer as act. 1,2, 3, 4, 5, 6, 7 da Px. 87 e as act. 1, 2, 3, 4 da Px 90. Se alguén prefire facelo no ordenador tamén pòdedes. Non é necesario copiar o enunciado.

Matemáticas

Imos facer un novo repaso das medidas de lonxitude e introducimos as medidas de capacidades con este vídeo.

https://youtu.be/CJLA0G-TNX4

Lingua Galega 

Seguimos co tema 8 ( en adxuntos)

Lengua Castellana.

Tamén seguimos co tema 8 e encamiñámonos ao repaso final ( en adxuntos)

https://es.liveworksheets.com/c?a=a&m=n&im=n&l=jk&i=fddsnd&r=cz

Incluímos unha actividade online pero agora eliminamos a nota numérica. Estaba dando disgustos porque as veces a plataforma descontaba puntos por poñer dous espazos, por exemplo, e, claro, iso non nos parece xunto, a que non?

Recordades que a semana pasada prometinvos unha sorpresa coas superhistorias que creástedes. Pois, aí vai.

Tedes que gravar un audio lendo ou contado esa historia que saleu produto da fortuna do dado. Cando teñamos todos recopilados faremos un concurso para ver se recoñecedes as voces de todos e todas. Que? Seredes capaces?

Plástica

Imos dar unha semana máis para facer a medalla. Polo momento, non chegou casi ningunha. Lémbrovos que a PLÁSTICA TAMÉN EXISTE.

Valores

Temos unha ficha que vos axudará a coñecervos máis.

Coma sempre podedes facer as actividades en formato papel ou dixital, como poidades e queirades.

Un abrazo e seguimosss!

 

 

 

AdxuntoTamaño
DICIONARIO ILUSTRADO TEMA 7 CCSS.odt15.41 KB
DICIONARIO ILUSTRADO TEMA 7 CCSS.pdf33.96 KB
CIENCIAS DA NATUREZA.pdf432.29 KB
06_refuerzo mate medidas de longitud.pdf50.69 KB
c._lectora_u08 lingua 3º anaya.pdf83.51 KB
os numerais.pdf101.51 KB
esquema contenidos tema 8 LENGUA CASTELLANA.pdf25.81 KB
EX. ESCRITA EL RESUMEN.pdf150.66 KB
Ortografía g-j.pdf649.46 KB
tema 8 L. Castellana. Ficha repaso general.pdf143.99 KB
VALORES.pdf1.28 MB
VALORES.doc394 KB
PDF UNIDO SEMANA 25-29 MAIO.pdf3.09 MB


page | by Dr. Radut