Skip to Content

2ºB

Tarefas de Inglés (16-29 de marzo)

Ola a todos/as!

En primeiro lugar darvos moito ánimo ante esta situación que estamos a vivir.

Deixo aquí as recomendacións para traballar a materia de inglés.

Facer as páxinas 25, 26 e 27 do Activity Book. Traballando así o vocabulario relacionado coa comida (bread, ham, pizza, soup, cheese, ice-cream, water, tomatoes).

Igual que os nenos de 1º poden repasar os números do 1 ao 10 e as cores.

Nos adxuntos van exercicios (opcionais) para traballar o visto na clase.

Un saúdo!

FICHA DE LECTURA

Prezadas familias:

Unido ao comentado anteriormente, gustaríanos seguir traballando coas fichas de lectura semanais. Deste xeito, propoñemos seguir cunha dinámica como a que traballamos ao longo do curso. Consiste na lectura dun libro da casa ao longo da semana e cubrir a ficha adxunta cos datos do mesmo. 

Se non tivésedes libros na casa, proporcionámosvos unha serie de enlaces web onde podedes atopar unha gran variedade de libros infantís. 

http://es.childrenslibrary.org/

https://www.muchoscuentos.com/

https://www.cuentocuentos.org/cuentos/1/Gallego/

Agardamos que esteades todos ben. 

Un saúdo. 

As titoras de 2º de Educación Primaria. 

PRIMEIRO BANCO DE RECURSOS

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 1" (16-29 marzo).

A por 6 puntos!

1. Exercicios das páxinas do caderno rodeadas en cor vermella. Aquelas e aqueles que teñan páxinas atrasadas poden aproveitar para facelas e corrixireinas cando retomemos as clases presenciais.

2. Repaso das notas si-la-sol: saber lelas nas partituras da carpeta e saber colocar a súa posición na frauta doce (adxunto imaxe das posicións).

    Grazas!.

 

Benvidos/as

Estimadas familias,

As titoras de 2º curso de Educación Primaria danvos a benvida ao noso blog. Nesta plataforma publicaremos distintos contidos para seguir, na medida do posible, coas tarefas educativas. 

Doutra banda, consideramos que as actividades propostas ata a data son suficientes. Aínda así ampliamos o banco de recursos, por se fose do voso interese.

Se a suspensión das clases se alargase no tempo, sería necesario continuar coa programación prevista para o terceiro trimestre. De darse esta situación, a nosa idea é a de levar unha programación semanal (que vos facilitaremos), cumprindo o horario escolar.

Dado que nas dúas clases traballamos de forma coordinada, publicaremos as actividades no enlace correspondente a 2ºB.

Igualmente, para calquera suxestión ou dúbida poderedes empregar a conta de Abalar móbil, para unha comunicación máis individualizada.

Agardamos que esteades todos e todas ben e que pronto podamos retornar xuntos ás aulas.

Un saúdo.

As titoras de 2º de Educación Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut