Prezadas familias:
Agardamos que todos e todas sigades ben. Como xa sabedes, hoxe da comezo a 3º avaliación. Para o seu desenvolvemento, decidimos seguir un horario de materias, dun xeito similar ao que se faría nas clases presenciais. Dito horario, foi flexibilizado e amósase nos documentos adxuntos.
O que faremos será subir, semanalmente, as tarefas que ten que realizar o alumnado ao longo dese período coas orientacións pertinentes. Para calquera dúbida empregaremos a aplicación de Abalar, coa fin de resolvela.
Paralelamente e co obxectivo de levar un certo control das tarefas, así como das dificultades observadas, pedímosvos que ao finalizar cada semana (preferiblemente os venres) nos mandedes ao correo, por cada materia, a folla de diario que se mostra adxunta. Podédelo facer sacándolle unha foto co voso teléfono unha vez cuberta, escaneándoa ou escribindo sobre ela no ordenador, o que vos sexa máis sinxelo. Aquelas familias que non dispoñen de impresora poderán facelo no caderno, seguindo o modelo de diario facilitado e facendo o envío coas indicacións anteriores.
(Non é necesario que nos mandedes os exercicios, só o diario)Igualmente e de xeito opcional, poderedes enviarnos (mesmo correo e data) a ficha de lectura semanal (enviámola novamente como documento adxunto).
Os correos aos que a debedes remitir son:
2ºB: dayren.mosquera@edu.xunta.es
Calquera dúbida, estamos á vosa disposición.
Un saúdo.
As mestras de 2º.