Skip to Content

2ºB

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 5" (27 -30 abril)

A tarefa desta semana atópase no seguinte enlace:

https://musicavitaminica.blogspot.com/2020/03/tarefa-queda-na-casa-2-curso-2.html

Grazas!.

TAREFAS DO 27 AO 30 DE ABRIL

Ola a todos/as!

Achegamos as actividades para esta semana. Lembrade que só é necesario enviar o diario de traballo (ou diarios), a ficha de lectura (opcional) e as actividades de valores (voluntario para o alumnado de relixión). A entrega farase, preferiblemente, o venres aos correos facilitados.

Con respecto aos envíos semanais, sabemos que hai familias que están tendo problemas para enviar as mensaxes. Pensamos que empregando as seguintes direccións estará solucionado:

2ºA: sdmontero@edu.xunta.gal

2ºB: dayren.mosquera@edu.xunta.gal

Un saúdo.

As titoras de 2º.

NOVA PROPOSTA DO NOSO AMIGO ELMER

 

Mañá é un gran día para vós, nenos  e nenas!  Por fin PODEDES  SAÍR Á RÚA. Foron moitos días sin saír, así que Elmer propónvos que  saquedes unha foto ou faigades un pequeno video e que o enviedes ao mail da biblioteca.

Elmer estará encantado de ver o ben que o ides pasar!!

 

 

 

 

E.F

Novos enlaces para facer actividade física na casa.

SEGUIMOS XOGANDO!

Ola a todos/as!!!

Como estades pasando estes días? Elmer segue traballando para que podades levar mellor a cuarentena. Como sabedes, esta semana celébrase o día do libro e no seu blog ten moitas actividades divertidas para facer. Animádesvos? 

Ademáis, unha mestra do colexio envíanos unha actividade moi interesante: un xogo de retos. Xa veredes que divertido, vaivos encantar!!

Unha aperta!!

 

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 4" (20-25 abril)

A tarefa de Música desta semana podédela atopar no enlace seguinte:

https://musicavitaminica.blogspot.com/2020/03/tarefa-queda-na-casa-2-curso-2.html.

Os alumnos-as que non teñen o caderno deben seguir as actividades a través do enlace que proporciono, que leva directamente á tarefa de cada semana no blog de Música. As tarefas acumúlanse por orde de realización, polo que a nova tarefa sempre se vai atopar no último lugar e separada das demais polo seu título (Tarefa queda na casa 3, tarefa queda na casa 4...).

Esta semana non hai tarefa de Plástica.

Grazas!.

 

Tarefas de inglés 20-24 de abril

Hello kids!  How are you?

Déixovos por aquí o que programei para traballar durante esta semana.

 Ide ao Class Book na aplicación de Blinklearning.

 Ao pinchar nel vai aparecer a unidade da granxa. Tedes que volver a pinchar sobre a portada do libro en miniatura e desplegarase unha barra azul vertical con todas as unidades do libro. Ide a Start Unit e pinchade sobre a páxina 3, repasaremos o vocabulario sobre a escola.

Facede os exercicios 1 e 2 (escoitar e sinalar /escoitar e cantar) e visualizade o vídeo (icono do vídeo).

A continuación propoño a tarefa que aparece no documento adxunto relacionada con esta temática. Tedes que escribir os nomes dos obxectos da escola en inglés.  (Se non tedes impresora coa axuda da vosa familia podedes copiar a tarefa  nun papel).

Calquera dúbida consultádeme pola aplicación blinklearning  ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Bye!

TAREFAS SEMANA 20 AO 24 DE ABRIL

Bos días!

A continuación adxuntamos os exercicios para esta semana. Recordamos que non é necesario enviar as actividades, únicamente o diario, a ficha de lectura (opcional) e as actividades de valores (opcional para os nenos e nenas de relixión). 

Con respecto ao diario, se vos resulta máis cómodo, tedes a opción de envialo en PDF ou agrupalo en asignaturas, deste xeito serían 3 diarios: un para matemáticas, un para as linguas e un terceiro para as ciencias e valores.

Saúdos.

As titoras de 2º.

 

TAREFAS DE INGLÉS do 14 ao 17 ABRIL

Hello kids!  How are you?

Déixovos por aquí o que programei para traballar durante esta semana.

Gustaríame que forades á aula virtual de blinklearning na que estades rexistrados e accederades ao Class Book na páxina 2 (Welcome to Rooftops School), podedes ver que ao lado de Lesson 1 aparece un icono dun vídeo, premede sobre el e estade atentos.

Podedes facer tamén os exercicios desa mesma páxina 1,2 e 3, premendo no icono do altavoz iredes escoitando.

A continuación propoño as tarefas que aparecen no documento adxunto relacionadas coa temática do vídeo. Tedes que escribir ou recortar e pegar os nomes dos números e logo facer un crucigrama. Fixádevos que no crucigrama as casiñas máis sombreadas esconden unha mensaxe. Cal será?  Seguro que a descubrides. (Se non tedes impresora coa axuda da vosa familia podedes copiar as tarefas nun papel).

Calquera dúbida consultádeme no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Bye!

TAREFAS DO 14 AO 17 DE ABRIL DO 2020

Ola a todos/as! 

Agardamos que sigades ben. A continuación atoparedes os documentos adxuntos coas tarefas a realizar ao longo desta semana. Calquera dúbida estamos á vosa disposición. 

Un saúdo. 

As titoras de 2º. 

Distribuir contido


by Dr. Radut