Skip to Content

3ºB

Tarefa de E.F. do 16 ao 29 de marzo

Trátase de actividade físicas para poder realizar en espazos pequeno e con axuda de vídeos.

As actividades son diferentes de luns a sábado e mentres dure o confinamento.

É importante facer exercicio todos os días. Algúns días son máis intensos ca outros.

Se vos perdedes nalgún momento do vídeo non vos preocupedes,  xa irá saíndo mellor,  pero o que máis importa son as ganas.

 Ti podes!

 

Tarefas de Inglés (16-29 de marzo)

Ola a todos/as!

Primeiramente enviarvos moita forza ante a situación que estamos a vivir.

Deixo aquí as recomendacións para traballar a materia de inglés. 

Rematar páxinas do Activity Book ata a páxina 38, facer o portfolio da páxina 74 e os Picture Dictionary das unidades 1, 2,3 e 4. Repasar o vocabulario da unidade (lemonade, eggs, olives, peaches, sandwiches, crisps, pears, chocolate, yoghurt, biscuits) e as expresións I like /I don´t like.

No adxunto van exercicios (opcionais) para traballar estes contidos.

Un saúdo e vémonos pronto!

Comezamos coas ferramentas dixitais

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA DESENVOLVER NA CASA DURANTE O PECHE DAS ESCOLAS.(Exposto  o 16 de marzo na páxina web do colexio)

CURSOS 3º A e B

INGLÉS

Repasar UNIT 4. Acabar páxinas Activity Book ata px. 38.

Acabar portfolio, px. 74

Picture Dictionary Units 1,2,3,4.

Poden entrar en www.figuesfx.blogspot.com para repasar mediante xogos.

MATEMÁTICAS

Repasar o libro do 1º Trimestre.

Ler tema 5 e facer os exercicios ata a páxina 80.

LENGUA CASTELLANA

Repasar Temas 5 e 6. Facer os exercicios do Tema 6 ata a px.101

Ler tema 7 e facer os exercicios ata a px. 117.

LINGUA GALEGA

Repasar Temas 5 e 6. Facer os exercicios do Tema 6 ata a px.105

Ler tema 7 e facer os exercicios ata a px. 117.

CIENCIAS SOCIAIS

Rematar Tema 4. Lelo varias veces e facer os exercicios.

Ler o tema 5 varias veces e facer os exercicios.

Estudar o relevo de Galicia que aparece no caderniño de Sociais.

CIENCIAS NATURAIS

Rematar Tema 4. Lelo varias veces e facer os exercicios.

Ler o tema 5 varias veces e facer os exercicios.

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 1" (16-29 marzo).

A por 6 puntos!

1. Notas si-la-sol-fa. Son as que traballamos nos ditados melódicos. Sabelas ler no pentagrama e saber a súa posición na frauta doce. Non fai falta sonar a frauta, practicar con ela baixo a boca, no mentón como facemos na clase (Adxunto imaxe das posicións).

2. Acabar de colorear o xilófono, só as notas que demos na frauta (si morado, la azul escuro, sol azul claro, fa verde). Adxunto imaxe.

    Grazas!.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut