Skip to Content

3ºA

Actividades da Biblioteca

 

Ola, de novo familias!

Inclúo aquí o enlace ao blogue da Biblioteca para que non esquezades que nese apartado publícanse moitas actividades e suxerencias para pasar estes días o mellor posible.

https://oblogdeelmer.blogspot.com/

 

TAREFAS DE INGLÉS (30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL)

 

Ola a todos/as!

Estes días comezou una nova estación a primavera (Spring en inglés). Polo tanto, imos facer uhas actividades sobre esta temática. Empezaremos escoitando estas cancións:

https://www.youtube.com/watch?v=QdBbBZkITxA

https://www.youtube.com/watch?v=DobrRgD5aOU

De seguido faremos os exercicios que están no primeiro documento adxunto.

No segundo documento, levades un debuxo para colorear sobre a temática de Easter (Pascua), fixádevos como tedes que facelo (color key). Espero que vos guste!

Moito ánimo e boa semana!

 

 

SOLUCIÓNS A ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN DO DÍA 26

Ola de novo

Enviamos as solucións ás actividades do día 26 en formato .doc. Son as mesmas que demos en papel o pasado venres13 na aula. Dicimos isto para que non fagades o traballo por duplicado.

Xa nos contaredes por correo electrónico ou por Abalar como saíron as fichas.

Saúdos virtuais

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 2" (30 marzo-3 abril)

A tarefa desta semana está no blog de Música

Le atentamente o documento adxunto debaixo destas indicacións.

Entra no blog e fai clic na entrada principal titulada "Benvidas e benvidos". Lea e mira o seu vídeo.

Vai á pestana LINGUAXE MUSICAL, entra en "Linguaxe musical 3º" e realiza as actividades de repaso 1, 2 e 3.

Vai á pestana PARTITURAS e busca "Partituras 3º" e realiza as actividades 1 e 2.

Listo!.

Boa semana.

VOLVEREMOS A ESTAR XUNT@S

Só esta foto para lembrarnos de que hai nada estabamos ao soliño, moi guapos cos nosos disfraces.

Moi pronto volveremos estar xuntos. Mentras tanto, só darvos as grazas por estar aí traballando, axudando, repasando, cantando, bailando e sin esquecer nunca que seguimos formando parte da Comunidade Escolar do  San Francisco.

Un abrazo moi forte dos Equipos Docentes de 3º A e B.

FICHAS DE REPASO

 

Aquí tedes unhas fichas de repaso.

Cando as teñades feitas e queirades saber se están ben, enviádenos un correo e mandareivos as solucións.

Xa sei que algúns xa as tedes feitas. Noraboa! 

Espero que os traballos que tiñamos programados para esta quincena estean case rematados porque xa temos preparado o traballo da seguinte semana.

Un abrazo.

LICENCIAS DIXITAIS E ALGO MÁIS

Ola, boas tardes!

Enviei por medio de Abalar as licenzas dos libros dixitais de Anaya. Ademáis de permitir o acceso ao libro de texto, proporciona tamén un repertorio de actividades on line moi xeitoso.

Para as áreas de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais, a editorial Vicens Vives enviou este enlace que tamén pode ser de utilidade.

https://www.vicensvives.com/vvweb/view/pages/p01/load.php?id=2786&lang=es

Ide comentándome como van as cousas, por medio de Abalar ou do correo que puxemos á vosa disposición.

O xoves temos Plástica, que vos parece se debuxades, pintades con pincel,...o que vedes desde a vosa ventana?. Pedide permiso a un adulto para facelo; coa ventana pechada tamén se ve a paisaxe. Cando rematedes, enviádemo ao correo de 3ºB e faremos unha exposición virtual.

O venres temos Valores, recordades?, suxírovos que escribades, honestamente, coma vos sentides despóis de dúas semanas na casa. Podedes facer un debuxo que ilustre o voso estado de ánimo.

Mándovos un superabrazo e espero que todo vaia ben pola vosa casa.

Traballo e alegría.

Tarefas de E.F. do 16 ao 29 de marzo

Trátase de actividade físicas para poder realizar en espazos pequeno e con axuda de vídeos.

As actividades son diferentes de luns a sábado e mentres dure o confinamento.

É importante facer exercicio todos os días. Algúns días son máis intensos ca outros.

Se vos perdedes nalgún momento do vídeo non vos preocupedes,  xa irá saíndo mellor,  pero o que máis importa son as ganas.

 Ti podes!

 

Tarefas de Inglés (16-29 de marzo)

Ola a todos/as !

Primeiramente mandarvos moitos ánimos ante a situación que estamos a vivir.

Deixo aquí as recomendacións para traballar a materia de inglés.

Rematar páxinas do Activity Book ata a páxina 38, facer o portfolio da páxina 74 e os Picture Dictionary das unidades 1,2,3 e 4. Repasar o vocabulario da unidade (lemonade, eggs, olives, peaches, sandwiches, crisps, pears, chocolate, yoghurt, biscuits) e as expresións I like /I don´t like.

No adxunto van máis exercicios (opcionais) para traballar estes contidos.

Un saúdo!

Proposta de actividades para o peche do colexio polo estado de alarma

Estimadas familias: 

Desde o centro creouse este apartado na páxina web onde o profesorado poderá propoñer as actividades a realizar durante o estado de alarma.

Primeiro aparecerán as actividades xa propostas a semana pasada, e a continuación, as propostas para a seguinte semana.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA DESENVOLVER NA CASA DURANTE O PECHE DAS ESCOLAS.

CURSOS 3º A e B

INGLÉS

Repasar UNIT 4. Acabar páxinas Activity Book ata px. 38.

Acabar portfolio, px. 74

Picture Dictionary Units 1,2,3,4.

Poden entrar en www.figuesfx.blogspot.com para repasar mediante xogos.

MATEMÁTICAS

Repasar o libro do 1º Trimestre.

Ler tema 5 e facer os exercicios ata a páxina 80.

LENGUA CASTELLANA

Repasar Temas 5 e 6. Facer os exercicios do Tema 6 ata a px.101

Ler tema 7 e facer os exercicios ata a px. 117.

LINGUA GALEGA

Repasar Temas 5 e 6. Facer os exercicios do Tema 6 ata a px.105

Ler tema 7 e facer os exercicios ata a px. 117.

CIENCIAS SOCIAIS

Rematar Tema 4. Lelo varias veces e facer os exercicios.

Ler o tema 5 varias veces e facer os exercicios.

Estudar o relevo de Galicia que aparece no caderniño de Sociais.

CIENCIAS NATURAIS

Rematar Tema 4. Lelo varias veces e facer os exercicios.

Ler o tema 5 varias veces e facer os exercicios.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut