Skip to Content

2ºA

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 9" (25-29 maio)

INGLÉS 18-22 MAIO

Hello boys and girls!  How are you?

Aquí vos deixo as tarefas para seguir traballando un pouco de inglés esta semana.

Seguiremos repasando as partes e elementos da casa así que gustaríame que forades ao Class Book de Amazing Rooftops en Blinklearning - UNIT 1 pages 10-11. (Recordade pinchar sobre o libro en miniatura para que se desplegue a barra azul coas unidades e así acceder ás páxinas indicadas). Mirade o vídeo sobre a historia Where is Kitty? pinchando no icono do vídeo e lede tamén a historia varias veces. Logo pasade á páxina 12 e facede os exercicios 1 e 2 que son de escoitar. De seguido, ide ao documento ADXUNTO e facede as tarefas escritas relacionadas cos contidos anteriores.

 Recordade: Se non tedes impresora copiade os exercicios nunha folla.

Esta semana quero que me enviedes as tarefas escritas do documento adxunto ao meu correo amparpaz@edu.xunta.gal ou a través de Blinklearning.

Boa semana e ánimo.  Kisses, bye!

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 7" (11-15 maio)

Aquí a tarefa desta semana:

https://musicavitaminica.blogspot.com/2020/03/tarefa-queda-na-casa-2-curso-2.html

Ides xenial!.

Grazas!.

Chus Religión 10 Maio.

Ola nenos e nenas! Xa estamos no mes de maio como sabedes. Fai pouquiño celebramos o Dia da Nai. Este mes tamén imos lembrar a nai de Xesús, María.

Así que aquí tedes algunhas cousiñas. Moitos bicos a todos.

MIS DOS MAMÁS:https://www.youtube.com/watch?v=h6mcoxqJkzI

Una fiesta en Caná: https://www.youtube.com/watch?v=D9Wg8uW0PN8&list=PLLNIcibuuhvz7tmFO0OtGu5H3h1GLg63E&index=5&t=0s

Historias de la Biblia para niños – José y María – Pequeños Héroes https://www.youtube.com/watch?v=1eNaSYnyLRM

INGLÉS 11-15 MAIO

Hello boys and girls!  How are you?

Aquí vos deixo as tarefas para seguir traballando un pouco de inglés esta semana.

Desta vez veremos as partes da casa así que gustaríame que forades ao Class Book de Amazing Rooftops en Blinklearning - UNIT 1-AT GRANDMA´S HOUSE page 6. (Recordade pinchar sobre o libro en miniatura para que se desplegue a barra azul coas unidades e así acceder ás páxinas indicadas).

 Mirade o vídeo, pinchando no icono do vídeo e facede os exercicios orais 1 e 2. Na páxina 7 ,arriba de todo á dereita ,pinchando de novo no icono do vídeo podedes tamén escoitar e ver a canción sobre esta temática. De seguido, ide ao documento ADXUNTO e facede as tarefas. Recordade: Se non tedes impresora copiade os exercicios nunha folla.

Despois de traballados un pouco estes contidos podedes volver á páxina 6 do libro dixital. Abaixo de todo á esquerda, hai un icono dun mando de videoxogo, pinchade nel e poderedes xogar ás cartas co vocabulario das partes da casa.

Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

 Kisses, bye!

 

E.F

Enlace a tres vídeos sobre hábitos saudables.

INGLÉS 5-8 MAIO

Hello boys and girls!  How are you?

Aquí vos deixo as tarefas para seguir traballando un pouco de inglés esta semana.Desta vez gustaríame que forades ao voso Class Book de Big Surprise (creo que o tedes na casa case todos), á páxina 47. Lede o rap do exercicio 4 e fixádevos ben no menú do exercicio 5, no cal aparecen varios alimentos. Propoño que separedes ditos alimentos. Os que vos gustan dos que non vos gustan, tal e como indico no documento ADXUNTO. É dicir, facedes o debuxo co  nome do alimento en inglés na parte correspondente:  I LIKE (gústame),I DON´T LIKE (non me gusta). Recordade: Se non dispoñedes de impresora copiade a tarefa directamente nunha folla.

Se vos apetece escoitar unha canción sobre estes contidos, pinchade neste enlace ou copiádeo no voso navegador: https://www.youtube.com/watch?v=frN3nvhIHUk

Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

 Kisses,Bye!

Chus Religión. 27 - 30 abril.

Ola nenos e nenas!!

Non sabedes que ganiñas teño de volver estar con todos vós outra vez. Pero mentres esperamos un pouquiño mais, queredes lembrar algunha cousiña que tanto nos gustaba facer? Imos aló:

El Arca de Noé (Para niños - Canción Infantil) Pequeños Héroes

https://youtu.be/wgSGZwaU3TI

Pequeños Héroes LA SERIE - Episodio 1 ¿Dónde Está Mi Oveja?

https://youtu.be/TUlay--1ATQ

David Pequeños Héroes LA SERIE - Episodio vs Goliat.

https://youtu.be/sihr2zLnLcQ

Actividades interactivas; recordemos la historia de Moisés:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/87/html/datos/03_rdi/unidad09/unidad_09.htm

 

Distribuir contido


by Dr. Radut