Skip to Content

1ºB

Tarefas da semana do 27 ao 30 de abril.

Elmer quere vervos pasear

Agora que podedes saír á rúa, Elmer quere ver como disfrutades destes paseos tan agardados!!! Por iso dende a biblioteca propoñen que saquedes unha foto ou un vídeo e o enviedes ao correo electrónico da biblioteca.

Animádevos!

Actividades de Educación Física do 27 ao 30 de abril

A profe Raquel de Educación Física propón para esta semana un xogo moi divertido que atoparedes no pdf. Ademais quere que sigades bailando, por iso a tarefa desta semana será facer o baile número 2 de zumba! Toca mover o esqueleto!!!

 

https://www.etapainfantil.com/zumba-ninos

https://youtu.be/FP0wgVhUC9w

E.F

Novos enlaces para facer actividade física na casa.

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 4" (20-25 abril)

A tarefa de Música desta semana atopádela no seguinte enlace:

https://musicavitaminica.blogspot.com/2020/03/tarefa-queda-na-casa-2-curso-1.html 

Os alumnos-as que non teñen o caderno, deben seguir as actividades a través do enlace que proporciono, que leva directamente á tarefa de cada semana no blog de Música. As tarefas acumúlanse por orde de realización, polo que a nova tarefa sempre se vai atopar no último lugar e separada das demais polo seu título (Tarefa queda na casa 3, tarefa queda na casa 4...).

Moitas grazas!.

 

 

 

Tarefas da semana do 20 ao 24 de abril

Actividades de Educación Física

A profe Raquel de Educación Física proponvos un Scape Room moi divertido para que os vosos papis podan facer con vós. No pdf que se adxunta podedes atopar máis información.

Tamén quere que sigades bailando e pasándoo xenial, por iso vos deixa unhas coreografías de zumba para que, esta semana, practiquedes a número 1.

https://www.etapainfantil.com/zumba-ninos

https://www.youtube.com/watch?v=pkRTgXy4HeQ#action=share

Tarefas de inglés 20-24 de abril

Hello kids! How are you?

Déixovos por aquí o que programei para traballar durante esta semana.

Ide ao Class Book na aplicación de Blinklearning.

 Ao pinchar nel apareceravos á dereita a primeira páxina do libro. Tedes que volver a pinchar sobre a portada do libro en miniatura e  ao lado  desplegarase unha barra azul vertical na que aparecen todas as unidades do libro. Ide a Unit 1(In the park), apareceranvos en pequeno as páxinas da unidade.

Ide á páxina 6, que é a primeira. Estudaremos os xoguetes en inglés.

Facede os exercicios de ver e escoitar, pinchando nos iconos do altavoz e do vídeo. Na páxina 7, no exercicio 1 arriba de todo á dereita podedes escoitar a canción da unidade (icono do vídeo-song)

Logo propoño que fagades a tarefa que aparece no documento adxunto, relacionada coa temática. Tedes que pegar o nome de cada xoguete ao seu lado e colorear. (Se non tedes impresora facede os debuxos nunha folla).

Calquera dúbida, consultádeme pola aplicación blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal.

Bye!

TAREFAS DE INGLÉS do 14 ao 17 ABRIL

Hello kids! How are you?

Déixovos por aquí o que programei para traballar durante esta semana.

Gustaríame que forades á aula virtual de blinklearning na que estades rexistrados e accederades ao Class Book nas páxinas 2 e 3 (Welcome to the park Street).

Vedes que aparecen varios exercicios, de audio e de vídeo. Se premedes nos iconos do altavoz e do vídeo poderedes escoitar e ver.

Logo de ver os vídeos propoño que fagades a tarefa que aparece no documento adxunto, relacionada coa temática. Tedes que colorear as portas como se vos indica e logo escribir debaixo a cor de cada unha en inglés. (Xa sabedes, se non tedes impresora podedes facer vós os debuxos).

Calquera dúbida, consultádeme no correo amparpaz@edu.xunta.gal.

Bye!

Tarefas da semana do 14 ao 17 de abril

Distribuir contido


by Dr. Radut