Skip to Content

3ºA

INGLÉS 11-15 MAIO

Hello boys and girls! How are you?

Unha semana máis deixo por aquí a proposta para traballar un pouco de inglés.

Estes días repasaremos o vocabulario sobre as froitas. Así que mirade e escoitade un par de veces o seguinte vídeo:https://www.youtube.com/watch?v=Cb-1erqVVjs

 E despois facede as tarefas do documento ADXUNTO. Trátase dun crucigrama e dunhas adiviñas sobre as froitas que debedes solucionar. Pegade o crucigrama na libreta e a continuación escribide tamén as adiviñas coa solución. Se non tedes impresora para o crucigrama, facede o debuxo de cada froita e escribides ao lado a palabra correspondente.

Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

 Kisses, bye!

 

E.F

Enlace a tres vídeos sobre hábitos saudables.

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 6" (5-8 maio)

Vai ao blog de Música e:

-En Linguaxe musical 3º realiza a actividade 8.

-En Partituras 3º repasa.

Grazas!.

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Ola rapazas e rapaces!

Aquí vos deixo as tarefas para esta semana. Van en varios arquivos adxuntos e tamén nun pdf todas xuntas.

Seguide enviando as tarefas que facedes. Os vosos vídeos, fotos e presentacións son xeniais! Sodes unhas e uns artistas!

Moito ánimo e que non decaian as forzas, xa vai quedando menos para rematar o curso!

 

 

INGLÉS 5-8 MAIO

Hello boys and girls! How are you?

Unha semana máis deixo por aquí a proposta para traballar un pouco de inglés.

Gustaríame que forades de novo á páxina 42 do voso Class Book.En Blinklearning Class Book (Unit 5- The Robber´s clothes- Libro digital). (Recordade que para acceder ás páxinas debedes picar en libro digital, non en actividades da unidade).

Fixádevos no exercicio 4 e escoitade o diálogo varias veces pinchando nas notas musicais. A continuación, realizade as tarefas do documento ADXUNTO relacionadas con estes contidos. Se non dispoñedes de impresora copiádea na vosa libreta.

 Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

 Kisses, Bye!

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 5" (27 -30 abril)

Vai ao blog de Música e:

Na entrada O ioga na escola practica a lectura lendo toda a información. Se te animas, fai algún dos exercicios dos vídeos.

Segue practicando a lectura de notas e a última partitura coa frauta.

Boa semana!.

Chus Religión. 27 - 30 Abril.

Ola nenos e nenas!!

Non sabedes que ganiñas teño de volver estar con todos vós outra vez. Pero mentres esperamos un pouquiño mais, queredes lembrar algunha cousiña que tanto nos gustaba facer? Imos aló:

El Arca de Noé (Para niños - Canción Infantil) Pequeños Héroes

https://youtu.be/wgSGZwaU3TI

Pequeños Héroes LA SERIE - Episodio 1 ¿Dónde Está Mi Oveja?

https://youtu.be/TUlay--1ATQ

David Pequeños Héroes LA SERIE - Episodio vs Goliat.

https://youtu.be/sihr2zLnLcQ

Actividades interactivas:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/200/html/datos/rdi/u01/01.htm

 

TAREFAS SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

 

Ola, nenas e nenos!

Como foi esa volta á rúa?

Esta semana propoñémosvos unhas fichas de ampliación do que xa estudiamos  e un enlace par párcticar.

 

PARA PRACTICAR LA MECÁNICA DE LA MULTIPLICACIÓN 

https://www.dibujosparapintar.com/actividades_ejercicios_multiplicaciones3.html

En Plástica deixamos unha semana máis para rematar a escena inspirada por Chema Madoz e a creación a partires da canción "Quen me dera na casiña" Están chegando verdadeiras obras de arte pero ainda faltan moitas por chegar. Veña, un último impulso.

As fichas van nos ficheiros adxuntos, en formato word e PDF. Ides facendo como poidades: no ordenador ou na libreta. 

PROPOSTA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA

Esta semana chega unha proposta por parte do equipo de dinamización de lingua galega.

No mes de maio celebramos o día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero, autor de poesía, novela e teatro. Aínda que este ano esta celebración trasládase ao mes de outubro, dende este equipo propoñen que nos contedes como vos sentides estes días e que estades a facer na casa escribindo un poema o cal podedes ilustrar.

Os que vos animedes podedes envíalo ao seguinte correo: jesus.aulas@gmail.com

O prazo máximo de entre será o 22 de maio.

NOVA PROPOSTA DA BIBLIOTECA

O domingo foi un gran día para vós, nenos  e nenas!  Por fin PODEDES  SAÍR Á RÚA. Foron moitos días sin saír, así que Elmer propónvos que  saquedes unha foto ou faigades un pequeno video e que o enviedes ao mail da biblioteca.

Elmer estará encantado de ver o ben que o ides pasar!!

 

 

TAREFAS DE INGLÉS 27-30 ABRIL

Hello boys and girls! How are you?

Déixovos de novo por aquí o que programei para traballar durante esta semana.

Gustaríame que forades á páxina 42 do voso Class Book.En Blinklearning Class Book (Unit 5- The Robber´s clothes- Libro digital). (Recordade que para acceder ás páxinas debedes picar en libro digital, non en actividades da unidade.)

Facede os exercicios 1 e 2 que son de escoitar (pinchando nas notas musicais) e o 3, no que tedes que buscar na imaxe as prendas da lista do gato Félix.

A continuación, realizade a tarefa do documento adxunto relacionadas con todos estes contidos. Se non dispoñedes de impresora copiádea na vosa libreta.

Calquera dúbida consultádeme por blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

 Kisses, Bye!

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

E.F

Novos enlaces para facer actividade física na casa.

Distribuir contido


by Dr. Radut