Skip to Content

3ºB

INGLÉS 25-29 MAIO

Hello boys and girls! How are you?

Unha semana máis deixo por aquí a proposta para traballar un pouco de inglés.

Desta vez ide ao Class Book en Blinklearning a UNIT 6- HAUNTED HOUSE-PAGE 50 (lembrade pinchar en libro dixital, non en actividades de la unidad). Na páxina 50 facede os exercicios 1 e 2 que son orais pinchando nas notas musicais. Logo pasade á páxina 51 e facede tamén os exercicios orais 1 e 2, escoitando tamén a canción (chant). A continuación, realizade as tarefas do documento ADXUNTO relacionadas con estes contidos. Recordade: Se non tedes impresora copiade a tarefa nunha folla ou no caderno.

Esta semana quero que me enviedes a tarefa escrita ao meu correo amparpaz@edu.xunta.gal ou a través de Blinklearning.

 Boa semana e ánimo. Kisses, bye!

Chus Religión 24 Maio.

Hola niños/as! Ya falta poquito para terminar, así que vamos, si os parece, a repasar algunas cositas que igual ya os suenan.

Os dejo unas actividades online para que podáis aprender algo nuevo y divertiros.

Vamos a conocer algo más de un libro muy importante para los cristianos que se llama Biblia.

Primero leéis el pdf que queda debajo y ver dos videos que os van a gustar mucho.

Al final del pdf os quedan unos enlaces para que podáis ir a los juegos si queréis.

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola, equipo, boas tardes!!

Que tal estades? Esperamos que moi ben dispostos a traballar moito nesta última semana de maio.

Ciencias Sociais.

Comezamos tema novo. Despóis de lelo e entendelo tedes que facer un dicionario ilustrado do vocabulario básico. Pode que esta actividade nos leve máís dunha semana porque é moi laboriosa. (en adxuntos)

Ciencias da Natureza

Volvemos á libreta para facer as act. 1,2, 3, 4, 5, 6, 7 da Px. 87 e as act. 1, 2, 3, 4 da Px 90. Se alguén prefire facelo no ordenador tamén pòdedes. Non é necesario copiar o enunciado.

Matemáticas

Imos facer un novo repaso das medidas de lonxitude e introducimos as medidas de capacidades con este vídeo.

https://youtu.be/CJLA0G-TNX4

Lingua Galega 

Seguimos co tema 8 ( en adxuntos)

Lengua Castellana.

Tamén seguimos co tema 8 e encamiñámonos ao repaso final ( en adxuntos)

https://es.liveworksheets.com/c?a=a&m=n&im=n&l=jk&i=fddsnd&r=cz

Incluímos unha actividade online pero agora eliminamos a nota numérica. Estaba dando disgustos porque as veces a plataforma descontaba puntos por poñer dous espazos, por exemplo, e, claro, iso non nos parece xunto, a que non?

Recordades que a semana pasada prometinvos unha sorpresa coas superhistorias que creástedes. Pois, aí vai.

Tedes que gravar un audio lendo ou contado esa historia que saleu produto da fortuna do dado. Cando teñamos todos recopilados faremos un concurso para ver se recoñecedes as voces de todos e todas. Que? Seredes capaces?

Plástica

Imos dar unha semana máis para facer a medalla. Polo momento, non chegou casi ningunha. Lémbrovos que a PLÁSTICA TAMÉN EXISTE.

Valores

Temos unha ficha que vos axudará a coñecervos máis.

Coma sempre podedes facer as actividades en formato papel ou dixital, como poidades e queirades.

Un abrazo e seguimosss!

 

 

 

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 9" (25-29 maio)

Non hai tarefa nova esta semana. Vai ao blog de Música e:

- Se estás ao día, repasa a tarefa 8. Se xa fixeches o envío da tarefa 8 non a volvas enviar. 

- Se vas algo atrasado-a intenta chegar á tarefa 8. Fai o envío da tarefa cando che saia. 

Grazas!.

carvahlo calero online

Ola, bos días!

Puxen o enlace da biografía de Carvalho Calero para poder cubrir a ficha online. É este.

https://es.liveworksheets.com/zz311101og

Gracias e facédeo cando poidades.

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 8" (18-22maio)

Vai ao blog de Música e:

-En Linguaxe musical 3º realiza as actividades 10 e 11.

Grazas!.

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

CIENCIAS SOCIAIS

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/4066846-

vivir_en_sociedade.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/4472325-festas_de_galiza.html

CIENCIAS NATURAIS

https://es.liveworksheets.com/zg374471um

MATEMÁTICAS

https://es.liveworksheets.com/ed496770ny

LINGUA GALEGA

https://es.liveworksheets.com/zz311101og

http://primaveradasletras.gal/as-pitas-baixo-a-chuvia/

Conto as pitas

https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas

música as pitas

 

https://aspitasbaixoachoiva.bandcamp.com/album/as-pitas-baixo-a-choiva?from=embed

LENGUA CASTELLANA

Tenéis que crear una historia. Tenemos una sorpresa con esa historia para la semana próxima

VALORES

https://es.liveworksheets.com/gh258471xi

PLÁSTICA

Ides crear unha medalla para quen queirades

https://www.youtube.com/watch?v=ThALQKZUUKA

INGLÉS 18-22 MAIO

Hello boys and girls! How are you?

Unha semana máis deixo por aquí a proposta para traballar un pouco de inglés.

Desta vez ide ao Class Book en Blinklearning a UNIT 1-IN THE JUNGLE-PAGE 12 (lembrade pinchar en libro dixital, non en actividades de la unidad). Lede e escoitade, pinchando nas notas musicais, o texto Animals Camouflage. Para despois contestar ás preguntas do documento ADXUNTO. Recordade: Se non tedes impresora copiade a tarefa nunha folla ou no caderno.

Esta semana quero que me enviedes a tarefa escrita ao meu correo amparpaz@edu.xunta.gal ou a través de Blinklearning.

Boa semana e ánimo. Kisses, bye!

Recursos, concursos, historias,...para celebrar (algo) o Día das Letras Galegas

En vésperas da conmemoración do 17 de maio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística fai públicos, a través do Portal da Lingua, os carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Xa se poden ver en:

https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0007.html 

Ademais destes materiais e das numerosas actuacións dos centros educativos que aparecen na sección do Día das Letras Galegas (https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas), tamén vos serán moi útiles estoutros recursos:

- as unidades didácticas elaboradas pola Associaçom Galega da Língua (AGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa. Dispoñedes de dúas versións (galego e portugués). Ligazón: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0009.html

- a colección de 24 caricaturas de Carvalho Calero debuxadas por Siro para representar o escritor ferrolán en distintas épocas da súa vida, dende a mocidade ata a vellez. Tédelas en: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0008.html

- o proxecto As pitas baixo a choiva da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e mais a unidade didáctica. Tedes todo en: http://aspitas.gal/

 

- o libro lim do Seminario Galán, unha compilación de todas as actividades de educación infantil e primaria, tarefas interactivas para realizar en liña, adaptadas para alumnado con NEAE, biografías, carteis, e ata un álbum fotográfico. Están en: http://seminariogalan.org/ 

Así mesmo, animámosvos a participar nas seguintes iniciativas: 

- Certame de Relatos Breves Feiraco, concurso convocado por esta empresa e a SXPL co fin de fomentar a creatividade literaria en galego. Debedes enviar, ata o 31 de maio, microrrelatos que comecen coa frase: “Á sombra daquel carballo centenario…”. Atoparedes as bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0111/certame-relatos-breves-feiraco 

- Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, outro concurso organizado pola entidade láctea e a SXPL, que premia obras plásticas do alumnado de 3 a 12 anos  nas que se reflictan o valor a lingua e a literatura galegas. O prazo de presentación remata o 31 de maio. Dispoñedes das bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0112/certame-infantil-artes-plasticas-feiraco-2020

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 7" (11-15 maio)

Vai ao blog de Música e:

-En Linguaxe musical 3º realiza a actividade 9.

Grazas!.

Distribuir contido


by Dr. Radut