ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS E PARA MATERIAL
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21
Aplicación informática na web da Consellería: FONDOLIBROS
Fondo solidario: Alumnado matriculado no curso 2020/21 en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
Axudas para libros de texto: O alumnado matriculado no curso 2020/21 en 1º e 2º de educación primaria.
Axudas para material escolar (50€): O alumnado matriculado en educación primaria.
O cálculo da renda per cápita farase sumando as casillas 435+460 da renda do exercicio 2018 e dividindo entre o número de membros da unidade familiar.
Os rangos van entre 6.000€ e 10.000€
Os vales teñen un valor de 140€ e 210€ en función do cálculo.
A presentación de solicitudes farase preferentemente por vía telemática, a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal
A presentación presencial farase solicitando cita previa no teléfono 982870081. Os anexos poden descargarse pinchando aquí:
ANEXOS