Skip to Content

Plambe

Día das Bibliotecas

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. A nós, como sabedes, encántanos aproveitar calquer momento para acudir á biblioteca do cole. 

    

 

Así, celebramos este día de maneira sinxela, reuníndonos todos na biblioteca onde os máis grandes léronlle contos aos máis pequenos. Foi un rato tranquilo de lectura compartida no que os nenos e nenas desfrutaron de historias contadas polos seus compañeiros/as.

 

   

 

Creouse un momento especial que nos recordou o valioso que é  conectar a través da lectura!

 

Retos de comprensión lectora - Samaín

 

Ao comezo desta semana, na biblioteca do noso cole, apareceron unhos retos de comprensión lectora ca temática do Samaín...

 

 

 

 

 

Cada un de nós ten un carnet no que debemos apuntar os retos que superamos, e súa temática e totalmente aterradora!

 

Entre os retos atópanse actividades como ler textos sobre personaxes típicos desta época e responder preguntas sobre eles, ler o inicio dunha historia de medo e inventar o resto ou crear pócemas e feitizos para diferentes situacións.

 

   

 

 

O mellor de todo é que, ademais de practicar a comprensión lectora mentres nos divertimos, tamén traballamos a autonomía e a responsabiliodade pois debemos escoller nós mesmos os retos a completar, decidir a orde na que os facemos e xestionar o noso tempo tendo que rematar os retos antes do Samaín!

 

 

 

Durante esta semana seguiremos desfrutando e aprendendo nesta emocionante aventura de lectura!

 

Biblioteca de Samaín

 

Durante estes días na biblioteca temos un rincón especial de Samaín, cheo de libros e contos perfectos para desfrutar lendo xuntos!

 

             

 

 

Entre os libros de Samaín, podemos atoparnos con Mortiña, Anna Kadabra e Amelia Fang personaxes que aos nenos e nenas lles encantan e que xa coñecen moi ben!

Tamén atopamos clásicos como "Onde viven os monstros" (Título orixinal: Where the Wild Things Are) do autor Maurice Sendak ou libros de misterio e aventura como "Caramomia".

Non deixedes de visitar este rincón de Samaín para descubir todas as historias que agocha! 

 

Visita ao Museo Munic - Exposición "Somos Contos"

O pasado martes visitamos o museo Munic para desfrutar da súa exposición temporal "Somos contos". Fixemos obradoiros sobre o conto de Pinoccio e sobre o conto de Carapuchiña Vermella.

Despois de merendar, poidemos ter unha visita guiada polo museo. Descubrimos as historias e as diferentes ilustracións de moitos contos!

Pasámolo en grande!

 

Premede aquí para ver máis fotos.

 

 

Contos Compartidos

Os nenos maiores convertéronse en conta contos e compartiron un momento de lectura cos máis pequenos. Cada un elixe un conto e séntase a lelo cun compañeiro/a. Esta experiencia non só fomenta a imaxinación e o gusto polos libros senón que tamén fortalece a confianza e as habilidades de comunicación dos maiores, mentres que os pequenos desfrutan de historias xeniais.

 

É una maneira divertida de aprender e conectar entre distintas idades!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut