2010-2011

Obradoiro de sensibilización Síndrome de Down

Pé de media (e descrición alternativa): Unha fotografía en branco e negro na que se apreza un bebé no colo da súa nai. O bebé mira cara a nós sorrinte e medio parece adiviñarse que ten o Síndrome de Down.

Pé de media (e descrición alternativa): Unha fotografía en branco e negro na que se aprecia un bebé no colo da súa nai. O bebé mira cara a nós sorrinte e parece medio adiviñarse que ten o Síndrome de Down.

Os días 16 e 17 de setembro desenvolveuse no colexio o obradoiro de sensibilización dos nenos/as fronte á diversidade, dirixido ao alumnado de educación infantil 5 anos e educación primaria, impartido por monitores da Asociación Down Coruña.

Desenvolvemento da actividade

A actividade tiña por obxectivo que os/as nenos/as tomaran conciencia, mediante a realización de tarefas que fan habitualmente na aula, das dificultades que teñen que superar os/as nenos/as que presentan síndrome de Down na vida cotiá e no colexio; pero que con esforzo, tempo, comprensión e axuda de todos/as poden facelo e conseguir os mesmos obxectivos que calquera outro neno/a que non ten ningunha dificultade.

Logotipo da asociación que impartiu o obradoiro.

Decálogo para a túa relación cunha persoa con síndrome de Down

  • Non te burles. Respéctame sen temor e sen rexeitamento.
  • Se paciente coas miñas reaccións lentas e esfórzate en descubrir as miñas necesidades.
  • Se sinxelo na túa relación comigo, respecta os meus niveis e se consciente de que comprendo máis do que sei.
  • Repíteme tranquilamente as instrucións ata que as comprenda.
  • Estimula e gratifica os meus logros recoñecéndoos.
  • Convéncete de que valgo polo son, non polo que parezo.
  • Intégrame con solidariedade pero sen paternalismo.
  • Non apoies nin alentes a miña conduta cando sexa equivocada.
  • Non me axudes no que eu poida facer só.
  • Acéptame, dáme cariño e recibe o meu.
Distribuir contido