Os obxectivos de esta actividade son:
- Observar os animais que viven nel e a súa actividade.
- Observar a transformación da materia orgánica en fertilizante.
- Estudiar a actividade das miñocas e como inflúen no ecosistema.
- Entender o concepto de ecosistema.
- Analizar o comportamento das distintas especies animais e vexetais que consigamos manter de forma estable.
O día 21 de outubro de 2013 puxemos en marcha o noso terrario.
O primeiro paso foi conseguir un acuario que nós reconvertemos, xa que o presuposto non é ilimitado.
No fondo botamos follas secas de vide, que aportan materia orgánica e volume, que debera minguar rapidamente.
Sobre elas, herba húmida para facilitar a descomposición.
A continuación, nun dos laterais, botamos area branca e pedras, que nos indicarán a actividade dos descompoñedores deste ecosistema.
Continuamos con terra vexetal, sementes de trevo e de herba, que servirán de alimento e refuxio para os animais, e cubrímolo todo.
Logo, colocamos unha tira de papel nun costado que nos servirá de referencia para comprobar os cambios que acontezan nel.
E para rematar, regamos, tapamos e colocamos na posición final.
O seguinte paso será engadir animais, miñocas, que descompoñan a materia orgánica e homoxeneicen as distintas capas de materia que engadimos.