Skip to Content
Unha escola para convivir, ser, estar e aprender.

Punto Laranxa

Dende o pasado venres, 01 de marzo de 2024, temos xa operativo no noso centro un Punto Laranxa contra o acoso e ciberacoso escolar.

Está situado no patio de columnas, preto da entrada principal.

Pica na imaxe para acceder ao tríptico coa información acerca do seu uso.

Punto Laranxa

Reserva admisión curso 2024/2025 no IES Monte das Moas

Todos os alumnos/as que presentaron as solicitudes de reserva admisión para o vindeiro curso 2024/2025 no IES Monte das Moas, ESTÁN ADMITIDOS. Lembren a formalización de matrícula no mes de xuño no Instituto.

Solicitude de Admisión: Curso 2024/2025

ADMISIÓN DE ALUMNADO


• A partir do día 1 de marzo poderase recoller na Conserxería o Impreso da Solicitude de Admisión do Alumnado para o próximo Curso 2024-2025 ou

descargar no portal da Consellería de Educación admisionalumnado Anexo II (ED550B) :htpp:www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

Carreira Solidaria contra a Leucemia Infantil

                                                                      

Entroido 2024: Mandadiños

Rocódromo

Proceso de reserva de praza para secundaria

 

As familias poderán cumprimentar a solicitude de reserva (ED550A) de xeito manual (recollida na conserxería do colexio) ou a través da aplicación

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Vídeo Nadal 2023

Aquí tedes o vídeo feito polos nosos alumnos en prácticas, Carlos e Martín, para desexar a toda a comunidade educativa do CEIP Sal Lence un moi Bo Nadal 2023!

Picade na imaxe para velo.

Nadal 2023

 

 

Samaín 2023

Samaín 2023

 

 

 

Esta semana celebramos no colexio o Samaín. As cabazas decoraron as escaleiras de subida ás aulas, algún pasillo e as estanterías da Biblioteca. Se picades na foto iredes á Galería de Imaxes para poder ver a Exposición de Cabazas.

Lembrade que na galería multimedia pulsando sobre a miniatura da imaxe poderedes vela a tamaño medio, unha vez aí se picades de novo no tamaño medio a veredes a tamaño completo.

Grazas a todas as familias que participáchedes nesta actividade.

 

 

 

Samaín 2023: Exposición de cabazas.

Samaín 2023

 

 

O vindeiro luns 30 de outubro comezará a exposición de cabazas do "Samaín 2023".

Podedes descargar o díptico con toda a información picando na imaxe da esquerda. Se o imprimes poderás colorear as imaxes incluídas.

Animádevos a participar! seguro que vos sairá unha cabaza de medo!

 

 

Nota: as cabazas deberán retirarse ao remate da mañá do martes 31 de outubro.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut