15/05/2020
Bos dias familias!
Hoxe dia 15 de maio conmemórase o día Internacional das Familias. Este ano vai ser un dia especial polas circunstancias que estamos a vivir pero, ainda que sexa confinados, desexo que pasedes un maravilloso dia en familia. Queria aproveitar para agradeceros e felicitarvos por toda a labor e o esforzo que estades a facer. Noraboa.
O domindo 17 de maio celébrase o DIA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero. Mándovos un enlace a unha actividade interactiva para coñecer un pouco o autor. Os nenos e as nenas necesitarán da vosa axuda para chegar ó final do xogo. Espero que disfrutrdes toda a familia do xogo.
LETRAS GALEGAS 2020 RICARDO CARVALHO CALERO
Tamén tedes O conto dos BOLECHAS SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO (VER ARQUIVO ADXUNTO). Se queredes despois facer un debuxo.
Un bico grande a toda a La clase de la sonrisa e a súa familia.
A PROFE CRIS
Adxunto | Tamaño |
---|---|
OS BOLECHAS- LIBRO RICARDO CARVALHO CALERO.pdf | 2.15 MB |