TAREFA 23 DE ABRIL DE 2020 - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
BOS DÍAS FAMILIAS
Hoxe celébrase O DÍA DO LIBRO. O día 23 de abril foi elixido como «DíaInternacional do Libro», pois coincide co falecemento dalgúns dos escritores máis importantes: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
PROPÓÑOVOS UNHAS ACTIVIDADES:
-
Poemas animados de Gloria Fuertes, unha das autoras españolas máis coñecidas da literatura infantil.
https://www.youtube.com/watch?v=FFm4iyFZ6v0
Despois podedes facer un mural con todas os personaxes que aparecen nos poemas. Atrevédevos a poñer o seu nome?. Coloreádeo con moitas cores e non vos esquezades de poñer o voso nome e a data no traballo.
-
Emma y los girasoles. Este conto conta a historia duna nena que planta unha semente e espera que xermine.
https://www.youtube.com/watch?v=cyQ1xy4qqFg
-
No apartado da Biblioteca - animación á lectura a profe Mª Luisa puxo un enlace onde atoparedes libros adaptados a vosa idade. Tamén atoparedes un enlace para facer uns marca-páxinas chulísimos.
-
No apartado de Educación Musical da web do cole (a esquerda no apartado de Especialidades) Irene, a mestra de Educación Musical, puxo un conto para os máis peques. Titúlase A tola de Lola É un conto moi bonito e entretenido. Tamén podedes atopar enlaces para traballar o conto de xeito divertido.
Un bico a toda a clase profe Cris.